Temas: INTERNET

Galicia segue no furgón de cola da conexión a Internet

É a comunidade con menor taxa de internautas e nove de cada dez municipios galegos carecen de conexión “real” á rede. A pesar do Plan de Banda Ancha 2020 da Xunta, hai moitas puntos negros na cobertura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/09/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En pleno ano 2017 nove de cada dez municipios galegos teñen zonas sen conexión “real” a Internet, segundo o informe de zonas brancas NGA do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital deste ano. Trátase de zonas que carecen de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración e onde non hai previsión de que ningún operador as implemente no tres próximos anos.

Navegando por Internet
Navegando por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr.

Unha falta de cobertura que provoca interrupcións frecuentes da conexións a Internet. De feito, as propias estatísticas do INE revelaban que Galicia é a comunidade autónoma española con menor taxa de internautas, o 74,6% de galegos fronte ao 80% da media española.

Para cumprir cos obxectivos da Axenda Dixital Europea, --que fixa en 2020 a data para que o 100% da poboación poida navegar a unha velocidade mínima de 30 Mb-, a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2015 o Plan de Banda Ancha 2020. O seu obxectivo é lograr que a totalidade da poboación galega poida navegar polo menos a 30 Mb e impulsar a contratación por parte dos fogares de servizos de banda ancha de máis de 100 Mb. 

Unha conexión que non chega a todo o país

Deste xeito, pon a disposición dos cidadáns diferentes axudas e subvencións, como as aprobadas o pasado mes de marzo para empresas que se atopan en zonas sen acceso a cobertura de redes de banda ancha. A maior parte dos fondos (o 75%) proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), mentres que a Xunta achega o 17,5% e o Ministerio de Agricultura o 7,5% restante.

Con todo, este plan segue sen dar os resultados acadados a pesar das promesas de Feijóo de que toda Galicia está practicamente conectada á rede.  De feito, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra están entre o dez provincias españolas nas que ata o 40% dos seus habitantes non pode acceder a Internet a máis de 10 Mb, segundo datos do Goberno español. Por iso, varias compañías apostan xa directamente pola fibra virtual para garantir aos cidadáns esa conectividade de calidade que as institucións se marcaron como obxectivo prioritario. 

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Joaquín Lozano

La verdad es que Galicia siempre ha sido de los sitios donde la conexión a Internet ha sido muy mala. Menos mal que las personas ya saben que tienen que baixar google chrome grátis para poder aprovechar esos pocos megas que tienen de conexión con el mejor navegador web del mundo que hace que todo vaya mucho más rápido. Saludos y espero que mejoren las conexiones de Internet lo antes posible.