GC Aberto
Temas: ISRAEL

Derruba Israel escolas palestinas por "sadismo"?

Unha aclaración necesaria ante unha nova tendenciosa

Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 04/09/2017

Comparte esta noticia

En relación á nova que estes días saiu publicada en diversos medios, e na que se acusa a Israel de derrubar sen motivo unha escola palestina é preciso aclarar en primeiro lugar que os módulos construídos con financiamento da Unión Europea non foron "derrubados", foron desmantelados e retirados. Indicar tamén que esta construción estaba segundo os vixentes Acordos de Oslo asinados entre Israel e a Autoridade Palestina na denominada "Zona C" de administración israelí. Isto quere dicir que para poder levar a cabo unha edificación é preciso ter o permiso necesario expedido pola Autoridade Civil israelí.

Ivan Prado
Ivan Prado | Fonte: palestinalibre.org

Estes módulos desmantelados non só non tiñan os permisos de edificación senón que recibiran ordes reiteradas de paralizar a súa montaxe e construción. Pero os promotores fixeron caso omiso as comunicacións oficiais que ordeaban a paralización da construción mentres esta non tivera licenza administrativa. Con certeza os promotores da construción o que buscaban a mantenta era a fotografía do "malvado soldado israelí destruíndo unha escola e deixando a cativos palestinos sen aulas". Sen dúbida os promotores utilizaron aos rapaces como “señuelos” e a Unión Europea como amplificador da repercusión da nova.

Pódese construír? Por suposto. Pero é preciso ter licenza e non se pode edificar onde a un boamente lle pete, cando lle pete e como lle pete.

Un exemplo: Poñamos por caso que o Estado de Israel por medio do seu Ministerio de Cultura fixera unha doazón para subvencionar a construción dun edificio como sede en Galicia da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). Implicaría isto que AGAI podería construír en calquera lugar e sen ter licenzas nin autorizacións? Por suposto que non. Pois en Israel tampouco.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel lamentamos a situación que afecta aos cativos, vítimas da irresponsabilidade dunhas organizacións que os utilizaron coma armas políticas para lanzar mediaticamente contra Israel. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel desexamos que a situación se resolva o antes posible e os nenos e nenas poidan estudar sen ser utilizados politicamente.

www.amizadeconisrael.org

Temas: ISRAEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anxel de Deus Raiano

Vaia por YHWH...loubado sexa... a asociación.. .amizade.. .con Israel, pide desexos.... O palestinos, descendentes de Abraham e da criada Agar. Recibiron a os seus medio irmaus, os xudeus fillos do dito Abraham e da sua parienta Sara co os brazos abertos, a menor oportunidade os teocratas Israelitas... lles . roubaron as casas ,as terras ..e para mais vesânia derrubar-lles sa escolas...Israel " el que se enfrenta a Dios". e co hai