Temas: INCENDIOS

Arden máis de 147 hectáreas nun día en numerosos lumes

A Pobra de Trives, Cervantes, Gondomar e Celanova son algún dos lugares nos que o lume non dá tregua. A situación máis grave é en Celanova, onde houbo desaloxos de casas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2017 | Actualizada ás 09:16

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo na mañá deste martes no municipio da Pobra de Trives (Ourense) que supera as 20 hectáreas queimadas, mentres que están estabilizados os lumes declarados en Cervantes (Lugo) e Gondomar (Pontevedra).

Incendio en Celanova
Incendio en Celanova | Fonte: MONTBOO twitter

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, está activo un incendio forestal na parroquia de Cova na Pobra de Trives, mentres que permanecen estabilizados os fuesgos de Cancelada, en Cervantes, tras queimar 40 hectáreas, e o da parroquia de Peitieiros, en Gondomar, que calcinou máis de 20 hectáreas.

Ademais, quedou controlado outro lume declarado na parroquia de San Tomé de Cancelada, en Cervantes, que afecta a unhas 20 hectáreas, indica Medio Rural.

Tamén permanece controlado o incendio rexistrado na parroquia de Amoroce, no municipio ourensán de Celanova, que afecta a unhas 16 hectáreas. Este lume iniciouse ás 16,47 horas do luns e levou a activar a 'situación 2' como medida preventiva por proximidade a este núcleo de poboación.

Polo seu lado, quedou extinguido o incendio declarado na parroquia de San Pedro de Ernes no municipio de Negueira de Muñiz (Lugo) tras queimar 31,61 hectáreas.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta