The Guardian: “Galicia ten a paisaxe máis fermosa da Península”

The Guardian, un dos xornais máis importantes do Reino Unido, adicou unha reportaxe á costa galega na súa edición do pasado sábado. O diario referencia da esquerda británica asegura que a paisaxe galega, máis parecida a Escocia que a España, “é a máis fermosa da Península Ibérica”.

Por Galicia Confidencial | Londres | 21/08/2017 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O xornal tamén aplaude a gastronomía do país, “un dos mellores lugares para comer marisco no mundo”, afirma. The Guardian explica que a nosa costa lembra máis a Escocia que a do resto de España e advirte, iso si, da pluviosidade.

Praia de Carnota.
Praia de Carnota.

En canto a lugares destacados na costa galega, Matthew Bremner escolleu Ribadeo, Praia das Catedrais, Rinlo, Burela, Praia de Xilloio, Viveiro, Estaca de Bares, Origueira, A Coruña, Praia de Laxe, Fisterra, Praia de Carnota, San Vicente do Mar, O Grove, Cambados, Combarro, Pontevedra, Moaña e Vigo.

Malia que o artigo non entra en moitos detalles (por exemplo advirte que Carnota non é acaída para nenos, sen citar o paraíso infantil da Boca do Río) ,sen dúbida contribuirá a aumentar o turismo británico no país. A peza forma parte dunha serie de reportaxes concibidas como guías para as vacacións e inclúe tamén recomendacións de hoteis e restaurantes.

Turistas na Praia das Catedrais, en Ribadeo
Turistas na Praia das Catedrais, en Ribadeo | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Fael

Eso e que non conocen Asturies.

1 Galileo galiciano

Xa están os asturianos coa p… envexa.