A Xunta de Galicia envía dous helicópteros de extinción de incendios ao norte de Portugal

Os dous helicópteros teñen base en Mondariz e a súa intervención estará a expensas das necesidades do servizo en Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia mobilizou medios de extinción de incendios para axudar á loita contra o lume no norte de Portugal, en concreto, dous helicópteros con base en Queimadelos (Mondariz), que realizarán quendas para actuar no país veciño.

A actuación da Xunta de Galicia enmárcase no protocolo de actuación do proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM 112. Destes dous helicópteros, que coordina a Consellería de Medio Rural, un deles xa está a intervir no municipio luso de Melgaço e cando termine o seu tempo de autonomía de voo será relevado polo outro.

Son helicópteros con capacidade para realizar descargas de auga de entre 1.000 e 1.500 litros de auga e forman parte do dispositivo previsto no Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais (Pladiga), integrado por unha trintena de medios aéreos.

A colaboración con Portugal vai estar condicionada polas necesidades do servizo que poidan xurdir en Galicia, xa que a principal prioridade é a protección do territorio galego, segundo puntualiza a Xunta.

PROTOCOLO ARIEM 112

O protocolo ARIEM 112 (Asistencia recíproca interregional en materia de emerxencias) é un proxecto que se enmarca dentro do Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). O obxectivo é establecer un mecanismo de colaboración entre os Centros 112 que xestionan e mobilizan recursos de emerxencias nas zonas transfronteirizas implicadas de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, mediante a implantación de ferramentas comúns informáticas, formación conxunta e protocolos de intervención comúns.

O ARIEM 112 engloba a máis de 100 concellos e preto de 600.000 habitantes, nunha extensión de preto de 17.000 quilómetros cadrados, que agora están atendidos no ámbito das emerxencias por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil e bombeiros do tres rexións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta