Nava Castro reprocha ás navieras que "ninguén se pode permitir o luxo" de exceder o límite de pasaxeiros ás Cíes

A directora de Turismo de Galicia instou a conservar o parque natural para que sexa patrimonio mundial

Cobas (Ferrol) | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, defendeu que desde a administración autonómica serán "inflexibles" co límite fixado de viaxeiros diarios ás illas Cíes e considera que se debe respectar ao máximo a convicencia do parque natural, que é "patrimonio de todos".

"Temos que seguir conservándoo, sobre todo, se o que queremos é que sexa patrimonio mundial", asegurou a responsable de Turismo, que instou a coidalo e mimalo, remarcando que "todos teñen que respectar as cotas que hai cada día".

Nava Castro recriminou que "as navieras non poden levar máis xente da permitida" e lembrou que as cotas son de 4.000 persoas ao día. A directora de Turismo de Galicia recalcou que esa cifra "non se pode ampliar, nin superar e ninguén se pode permitir o luxo de exceder ese límite".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta