A CIG critica que a Xunta manteña concertos con centros que segregan por sexos

A CIG critica que a Xunta manteña concertos educativos con centros que segregan por sexos, tal e como recolle a orde publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A CIG critica que a Xunta manteña concertos educativos con centros que segregan por sexos, tal e como recolle a orde publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nun comunicado, o sindicato censura que o Goberno do PP "está disposto a favorecer a determinados tipos de centros, publicamente vinculados co Opus Dei" con concertos que "se mantiveron de forma contraria á lei no seu momento".

Así, a CIG sinala que a Xunta mantén os concertos cos seguintes centros que separan alumnado: CPR Aloia, CPR LAs Acacias, CPR Montecastelo, CPR Montespiño e CPR Peñarredonda.

Nesta liña, recrimina que nesta orde a Xunta "aplica a Lomce con toda a súa crueza contra o ensino público galega, xa que ademais de manter aos concertos que segregan por cuestión de xénero fixa a duración dos concertos en seis anos, cando isto só é preceptivo para o ensino primario".

Respecto diso, o sindicato lamenta que o goberno do Partido Popular na Xunta "vai máis aló da Lomce na defensa do ensino concertado".

Por iso, tacha de "totalmente inaceptable e un insulto á sociedade galega a privatización do ensino", mentres denuncia "a intención permanente desta consellería de favorecer ás patronais do ensino privado" fronte ao "recorte sistemático" na pública.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta