Tellado (PPdeG) asegura que "nunca houbo tantos medios" para atender ás vítimas de violencia de xénero e pide "rigor"

O secretario xeral do PPdeG e deputado autonómico, Miguel Tellado, asegurou que "nunca houbo tantos medios técnicos, xudiciais, económicos e de axudas" para atender ás mulleres vítimas de violencia de xénero e pediu "ser extremadamente rigorosos" sobre esta cuestión.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG e deputado autonómico, Miguel Tellado, asegurou que "nunca houbo tantos medios técnicos, xudiciais, económicos e de axudas" para atender ás mulleres vítimas de violencia de xénero e pediu "ser extremadamente rigorosos" sobre esta cuestión.

Miguel Telllado, secretario xeral do PP
Miguel Telllado, secretario xeral do PP | Fonte: Europa Press

Tellado pronunciouse deste xeito ao ser preguntado nunha rolda de prensa sobre as declaracións da fiscal especializada en violencia de xénero Pilar Fernández, quen lamentou nunha entrevista á Cadea Ser a "precariedade" coa que traballan os profesionais xudiciais nesta materia.

Neste sentido, destacou que "en todos os partidos xudiciais de Galicia" hai xuíces de garda "perfectamente cualificados" para atender calquera demanda que se realice, incluídas as de violencia de xénero. "Dígoo para evitar mensaxes contraditorias e que haxa mulleres que pensen que nos xulgados non llas vai a atender", manifestou.

Por iso, considerou que "o que hai que facer" é "instar a todas as mulleres que se atopen nesta situación a denunciar" posto que "vai haber medios para atendelas". "Existen en calquera xulgado de garda", incidiu.

Ademais, tras lembrar que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a semana pasada que "había conversacións" co Ministerio de Xustiza para destinar maxistrados substitutos nos casos nos que fose necesario, deixou clara a "aposta" dos populares galegos na loita contra esta "secuela".

"Demostrámola, non hoxe, senón ao longo destes anos coa dotación de máis medios e máis recursos", resolveu Miguel Tellado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta