Detido un home na Coruña tras matar á súa sogra e darse á fuga co seu bebé

Un home foi detido na Coruña tras matar, supostamente, á súa sogra esta madrugada e darse á fuga co seu bebé de 21 meses, aínda que se descoñece de momento cando vai pasar a disposición xudicial, segundo confirmaron fontes do caso consultadas por Europa Press.

A CORUÑA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home foi detido na Coruña tras matar, supostamente, á súa sogra esta madrugada e darse á fuga co seu bebé de 21 meses, aínda que se descoñece de momento cando vai pasar a disposición xudicial, segundo confirmaron fontes do caso consultadas por Europa Press.

Os feitos producíronse ao redor das 04,00 horas nunha vivenda do barrio de Monte Alto, na cidade herculina. Aproximadamente dúas horas despois, ao redor das 06,00 horas, foi detido pola Garda Civil.

En concreto, a detención produciuse no municipio de Culleredo, próximo á cidade herculina, cando o home estaba co seu bebé de 21 meses.

O Xulgado de Instrución nújmero 6 da Coruña, en funcións de garda, autorizou esta madrugada o levantamento do cadáver da muller, aparecido na vivenda de Monte Alto. Fontes xudiciais explicaron que se trata, aparentemente, xa que se está á espera dos resultados da autopsia, dunha morte violenta.

Procedeuse á detención dunha persoa en relación ao feitos pero polo momento se descoñece cando vai pasar a disposición xudicial. As actuacións foron declaradas secretas.

DETENCIÓN NUN HOSTAL

A detención do home, de 43 anos, levárona a cabo axentes da Benemérita encargados de labores no ámbito da seguridade cidadá.

Fontes próximas a este caso precisaron que a detención se produciu nun hostal de Culleredo e que o home tiña billetes de avión tanto para el como para o bebé. Polo momento, non transcenderon a identidade do home.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta