Santiago de Compostela mantén presencia policial en puntos da cidade sensibles e medidas físicas extras

A instalación de bolardos polo acceso por San Francisco podería realizarse nuns meses

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 12:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela mantén un dispositivo de seguridade con presencial policial en puntos da cidade que se consideran sensibles, e valorando medidas físicas puntuais, na mesma liña do acordado a pasada semana entre o Concello, a Policía Nacional, a Local e a Delegación do Goberno, tras os atentados ocorridos en Cataluña.

Así o destacou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que puntualizou que a "política en materia de seguridade non a marca unicamente o goberno municipal", posto que "é froito da colaboración da CPN coa Policía Local e das reunións de traballo que veñen realizando nas últimas datas e ao longo dos últimos dous anos".

Neste sentido, lembrou que os acordos adoptados pasaban por "incrementar a presenza policial en determinados puntos da cidade que se entenden sensibles e en colocar, se se entende que está xustificado, medidas de seguridade extras, que son medidas físicas".

Respecto diso, lembrou que nos remanentes dos orzamentos aprobados en pleno aprobouse a colocación de bolardos pola entrada ao centro histórico na zona de San Francisco", aínda que se trata de medidas que, administrativamente, "tardan dous ou tres meses". Entre tanto, aplicaranse, expuxo, "medidas físicas temporais mentres non haxa as definitivas".

No entanto, Martiño Noriega incidiu en "que a política de seguridade haina que facer desde a discreción" e rexeitou que se vaian ir anunciando os lugares nos que se van a adoptar medidas de seguridade físicas, porque paralelamente hai que insistir na "normalidade", e na "confianza no papel dos corpos de seguridade".

Nesta liña, aludiu tamén á situación que se está dando no conxunto de Europa, sostendo que "a prevención absoluta non existe" e que o que se debe facer "é confiar nos profesionais de seguridade, e os cargos públicos", á vez que se ten que transmitir "unha mensaxe de tranquilidade" nunha cidade "inclusiva" como é Santiago de Compostela.

CARENCIAS DE PERSOAL

Preguntado polo déficit de 60 axentes que o Sindicato Unificado de Policía denunciou na Comisaría de Policía Nacional de Santiago, Noriega destacou que se mantén unha "interlocución co sindicato unificado" e compréndense as súas reivindicacións, similares, puntualizou ás que se recollen en todos os corpos que teñen servizo público como consecuencia da Lei Montoro.

"Respéctoo pero cada un ao seu, nós a traballar coas institucións e a coordinar o que é a colaboración", engadiu, insistindo en que desde a administración local hai unha interlocución permanente e fluída coa delegación do goberno, a CPN e a Policía Local.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta