Galicia, lugar da península onde mellor se verá a eclipse solar

As zonas máis ao oeste do país serán as que terán unha mellor visibilización dun fenómeno que non se poderá ver na súa plenitude, senón, nun 30%.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/08/2017 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Ás 9 menos cuarto da noite deste luns. Esa será a mellor hora para ver a eclipse de sol deste 21 de agosto. E se ademais é no occidente galego, moito mellor. E o certo é que Galicia será o lugar da Península Ibérica onde mellor se visualizará este fenómeno.

Con todo, será no occidente galego onde teñan unha mellor visión dun fenómeno que no país só se poderá ver entre un 25 e un 30% da súa magnitude. Vigo será a mellor cidade de toda a península para observalo, tal e como afirman os científicos da Universidat de Barcelona (UB).

A eclipse solar só será visible na súa totalidade desde o continente americano. Europa terá que agardar ata o 12 de agosto do ano 2026 para ver este fenómeno completamente.

Recomendacións

Para ver o eclipse o máis importante é non mirar directamente ao sol sen protección, xa que pode causar graves queimaduras nas nosas retinas. Ademais, como a luz ultravioleta segue chegando durante a fase parcial da eclipse, tampouco debemos contemplar o fenómeno a través das nubes nin reflectido na auga.

Eclipse solar en 2005
Eclipse solar en 2005 | Fonte: ComputerHotline wikipedia

O mellor é non confiar, tampouco, nin nas lentes de sol, nin en cristais afumados nin en radiografías: o único método 100% seguro é observar a eclipse de forma indirecta. Isto pode facerse usando unha folla de papel á que se lle fai un buraco e colócase diante do Sol. A imaxe da eclipse proxéctase entón nunha segunda folla, onde o podemos apreciar con seguridade. Outra opción é a través de telescopios que teñan os filtros adecuados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo7924

Últimamente os veo algo flojos: el titular que tendríais que haber escrito es 'Galicia, lugar del (opresor,fascista) Estado español onde mellor se verá a eclipse solar".