O PSdeG fai un chamamento á "unidade" para facer "fronte ao terrorismo sen paliativos"

A presidenta da xestora do Partido Socialista de Galicia, Pilar Cancela, fixo un chamamento á "unidade" porque "fronte ao terrorismo non caben paliativos nin medias tintas" para demostrar a "fortaleza democrática fronte á barbarie".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2017 | Actualizada ás 14:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da xestora do Partido Socialista de Galicia, Pilar Cancela, fixo un chamamento á "unidade" porque "fronte ao terrorismo non caben paliativos nin medias tintas" para demostrar a "fortaleza democrática fronte á barbarie".

Cancela, que se sumou á concentración de repulsa realizada ante a Casa Consistorial de Santiago na Praza do Obradoiro, na que tamén participou o eurodeputado José Blanco, declarou que este venres corresponde "representar os valores da democracia, da convivencia, do respecto á vida".

A representante dos socialistas galegos fixo tamén un chamamento "a todos os democrátas" para "estar máis unidos que nunca, nunha cuestión da unidade fronte ao terrorismo", engadindo que ante isto "non caben paliativos, non caben medias tintas" e é preciso "demostrar a fortaleza democrática fronte á barbarie".

Pilar Cancela enviou unha mensaxe de afecto e "agarimo da familia socialista do PSdeG aos afectados, ás vítimas, á sociedade catalá e á cidade de Barcelona". "Estamos con eles como sempre estamos coas vítimas que padecen a barbarie e o terror".

Nas súas declaracións tamén quixo enviar unha mensaxe de recoñecemento ás forzas e corpos de seguridade do Estado, aos Mossos de Esquadra, aos servizos de asistencia de sanidade e de todas as organizacións civís e á cidadanía que "se envorcaron e acolleron dunha forma tan exemplar aos afectados".

"Lamentar unha vez máis e con moita dor e rabia a impotencia que sentimos todos os democrátas por este atentado á convivencia pacífica e en valores de liberdade e democracia", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta