O BNG mostra a súa "condena e repulsa" ante os atentados de Cataluña e traslada o seu apoio ao pobo catalán

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou este venres a súa "condena e repulsa" ante o atentado deste xoves en Barcelona e o ataque perpetrado esta madrugada en Cambrils (Tarragona), nos que perderon a vida 14 persoas e un centenar resultaron feridas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2017 | Actualizada ás 14:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou este venres a súa "condena e repulsa" ante o atentado deste xoves en Barcelona e o ataque perpetrado esta madrugada en Cambrils (Tarragona), nos que perderon a vida 14 persoas e un centenar resultaron feridas.

Despois de que o Parlamento de Galicia gardase este venres ás 12,00 horas un minuto de silencio en repulsa dos atentados, Ana Pontón mostrou a súa "consternación e dor": "Trasladar o noso apoio, solidariedade e agarimo ás familias que viven un dos momentos máis amargos ao ver que a vida dun ser querido foi truncada por ese terrible atentado".

A continuación, a portavoz parlamentaria do Bloque enviou os seus "mellores desexos" para as persoas que aínda se están recuperando nos hospitais.

Acto seguido, solicitou unha "resposta de condena clara", pero, matizou, "democrática": "A solución nunca vai vir pola Lei do Talión, senón porque nos reafirmemos nas nosas conviccións e principios democráticos".

A portavoz da organización frontista tamén lle lembrou ao pobo catalán que os galegos están con eles, á vez que fixo fincapé en que "todos e todas" somos Barcelona e Cambrils.

"Non imos permitir que a barbaridade nos faga sentir medo nin nos imos a atemorizar", subliñou, para logo defender a necesidade de "seguir traballando por un mundo con paz, concordia e igualdade".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta