Comparte esta noticia

Galicia, ao igual que o resto do Estado, mantense no nivel 4 de alerta antiterrorista. Con todo, tras os atentados  en Cataluña, con cando menos 14 mortos e un cento de feridos, as medidas de seguridade intensificaranse no noso país con máis controis en distintos puntos sensibles do territorio galego, sobre todo nos accesos a cidades e en lugares con grandes concentracións de persoas.

Policía vixiando a Catedral de Santiago
Policía vixiando a Catedral de Santiago | Fonte: foropolicia.com

delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, avanzou este venres que "se van a intensificar os controis de seguridade" en todo país. Un deses focos de especial vxilancia será este domingo o estadio de Riazor e a súa contorna, antes, durante e despois do partido da primeira xornada da Liga de fútbol entre o Deportivo e o Real Madrid, ás 22.15 horas.

Tamén Santiago de Compostela verá aumentadas as medias de seguridade. Así, o alcalde, Martiño Noriega, enviou unha "mensaxe de tranquilidade" tras os atentados, e explicou que na cidade se reforzou a seguridade en "zonas sensibles".

"Entre todos imos traballar para que estes bárbaros non poidan cambiar o noso sistema de vida, e entre todos unidos imos conseguir superar isto", subliñou pola súa banda Villanueva tras gardarse un minuto de silencio ante a Delegación do Goberno, con sede na Coruña, en "solidariedade coas vítimas, as familias e o pobo catalán".

"Non se baixou a garda", dixo o delegado de Goberno, que lembrou que xa van máis de 700 detidos desde 2011, moitos deles no territorio catalán. Porén, dixo, "o risco cero non existe", e anunciou que se intensificarán os controis de seguridade en Galicia, especialmente nos accesos ás cidades e nos lugares onde se produzan grandes concentracións de persoas, como eventos deportivos, festas ou mesmo nas praias.

Atentado en Barcelona
Atentado en Barcelona | Fonte: tv3

Xunto a medio cento de persoas, entre elas o subdelegado do Goberno, Jorge Atán, o responsable da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia, Francisco Javier Molano, militares, policías e gardas civís, así como persoal da Delegación e outros cidadáns, Villanueva lembrou que o nivel de alerta xa era de 4 sobre 5, "moi alto", antes dos atentados en Cataluña.

A pesar disto, o Goberno decidiu intensificar os controis pola Policía Nacional, a Garda Civil e policías locais en vías de comunicación, accesos a cidades e en lugares onde se concentre moita xente, porque "os obxectivos son indiscriminados", desde unha rúa a unha praia, exemplificou.

De feito, este domingo, dixo, reforzaranse as medidas de control de seguridade no partido entre o Deportivo e o Real Madrid, na Coruña.

Preguntado por se hai algún galego entre os falecidos, Villanueva dixo que se sabe que "hai de varias nacionalidades", xa que o atentado produciuse nun lugar moi turístico, polo que chama a esperar a que se realicen as análises para identificar as vítimas.

COMPOSTELA, BLINDADA

Tras participar na concentración de cinco minutos de silencio na Praza do Obradoiro de condena dos atentados, á que se sumaron centos de persoas, o alcalde de Compostela explicou que xa mantivo unha conversa telefónica coa Delegación do Goberno a través do Subdelegado e, este mesmo venres, unha reunión coas forzas de seguridade, tanto da Policía Nacional como da Policía Local.

Noriega puntualizou que o nivel de alerta mantense no catro, pero engadiu que se determinou que en Santiago de Compostela haxa "un reforzo de presenza policial en lugares sensibles, tanto da Policía Nacional como da Policía Local", e matizando que, a maiores, "se está a facer o traballo que vén facendo sistematicamente nos últimos veráns e nas épocas de repunte turístico".

"Eles teñen que facer o traballo que teñen que facer", sinalou en referencia ás forzas de seguridade, "e nós temos que facer o traballo que temos que facer os cargos públicos, mandar mensaxe de tranquilidade e dicirlle aos veciños que o que nos toca é vivir, vivir, latexar e seguir ocupando a cidade, seguir sendo a cidade que somos, esta e tantas outras cidades".

Martiño Noriega afirmou que xa puxo en contacto este xoves coa alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, coa que mantén unha relación persoal, quen lle transmitiu o seu agradecemento polas mostras de apoio de múltiples cidades.

Tras o cinco minutos de silencio na Praza do Obradoiro e ao que se sumaron centos de persoas, Noriega asegurou que calquera cidade ten hoxe que mostrar a súa solidariedade con Barcelona e un "rexeitamento sen matices daqueles que actúan como embaixadores do medo, que pretenden xerar medo e pánico na sociedade".

"Eu creo que o triunfo deses embaixadores do medo sería precisamente iso, que vivísemos con medo, e eu creo que nestes momentos a batalla democrática é facerlle fronte a ese medo, e vivir con liberdade en base aos valores que nós temos dado", proseguiu Noriega, que aproveitou para transmitir todo o ánimo e apoio aos veciños de Barcelona e Cambrils.

Concentración ante o Parlamento en repulsa contra o atentado de Barcelona
Concentración ante o Parlamento en repulsa contra o atentado de Barcelona
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Gamela

A única resposta sensata escribímola hai 70 anos !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

2 Unha a tempo...

Neste país somos almas da caridade. Excarcelamos terroristas con centos de mortos as espaldas porque se din arrepentidos e aos seus amigos deixámolos que se metan en política, soltamos cunha reprimenda a quen queima contenedores ou tira pedras á policía, deixamos que se fagan homenaxes a terroristas.... todo porque os de izquierda son guais e se dis algo en contra eres un fascista español. Deixamos que entre quen queira porque somos guays. Pois vai sendo hora de que se acabe con tanta leria e que se empece a poñer no seu sitio a estes asasinos e aos seus cachorros que pululan polos locais "sociais" de media España.

1 Ana

Si ho, todos libres de culpa e sen depurar responsabilidades penais ou pedir restitución de roubos que fixeron fortunas, comezando polos teus correlixionarios franquistas (dos que, casualidade, sempre esquecedes os fascistas). Será que os fascistas tedes dereito divino para matar e expoliar?

2 Fuxesepodes

Hola Ana. Ves? Xa se che encheu a boca coa palabra fascista.... O mesmo que se vos enche a boca coa palabra democracia...pero só se gañan os vosos "maduritos".

1 Rgjky

La guerra contra el fanatismo tiene que ser psicológica. Hacen la yihad porque van a su cielo en donde los esperan 200 vírgenes. Tiene que haber algún modo, mediante ritos, embadurnando el cadáver con grasa de cerdo o de cualquier otro modo, que impida que lleguen a su cielo, encuentren las 200 vírgenes, y sepan que si matan se va a aplicar a sus cuerpos ese procedimiento.

1 nostrus

muy buena sugerencia