UXT suspende os paros parciais de seguridade no aeroporto da Coruña

O sindicato acorda con Eulen un calendario de negociación.

Por E.P. | A Coruña | 17/08/2017 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O sindicato UXT suspendeu os paros parciais convocados polos vixiantes de seguridade no aeroporto de Alvedro (A Coruña) a partir do 20 de agosto, tras unha reunión con Eulen Seguridade celebrada na xornada desta mañá entre ambas as partes. Así o informou o portavoz da central sindical, Juan Carreira, tras concluír a reunión, á que segue outra esta tarde, ás 17,00 horas, no aeroporto de Santiago de Compostela coa empresa Prosegur.

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

O acordo, segundo informou o sindicato, inclúe a suspensión dos paros en Alvedro ata o 20 de setembro coa condición de establecer un calendario de negociación co comité de empresa durante o período de suspensión.

Así mesmo, explicou que, entre o cinco puntos acordados, estableceuse que mentres dure o período de suspensión abonarase unha dieta cando o persoal realice nove horas de quenda por atrasos de voos.

FORMACIÓN

Ademais, a empresa comprométese "a propor un calendario adecuado para realizar a formación de 2018". A iso, súmase "o abono dunha dieta nesta nómina polos días en que coincidiron días de traballo con formación durante o ano pasado".

Por último, o acordo establece que "se no período de suspensión se alcanzase un acordo o mesmo debería ser ratificado por máis do 50% do persoal", segundo informou o sindicato.

VALORACIÓN DE AENA

Tras o acordo alcanzado, fontes de Aena aseguraron que estiveron "moi involucrados" no conflito co obxectivo de tentar que as partes "se puxesen de acordo".

Antes desta reunión, UXT acusara ás empresas de pretender "vulnerar un dereito constitucional" dos traballadores ao establecer uns servizos mínimos do 95% en todos os horarios e quendas na Coruña, e do 100%, no caso de Prosegur.

Os vixiantes de seguridade dos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela convocaran paros parciais a partir do próximo 20 de agosto, para denunciar a "precarización das condicións laborais" e un modelo de sector baseado, segundo argumentaban, "na competencia sobre prezos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta