Un descenso do Miño de récord

Ata 556 padexeiros de clubs galegos e portugueses participan este sábado na 46ª edición do Descenso Internacional do Miño de Tui, que conta un ano máis co Descenso Popular.

Por gcdeportes | Tui | 17/08/2017 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Este sábado, cita co tradicional Descenso Internacional en piragua polas augas do río Miño ao seu paso por Tui. Na 46ª edición da proba competirán 556 deportistas de 47 clubs de Galicia e Portugal, nas categorías cadete, xuvenil, senior e veterano.

Acto de presentación nas instalacións do Club Kayak Tudense.
Acto de presentación nas instalacións do Club Kayak Tudense. | Fonte: @Fegapi

A presentación oficial tivo lugar este mércores nas instalacións do Club Kayak Tudense. Ao acto asistiu o alcalde tudense Enrique Cabaleiro, a diputada provincial de deportes Chelo Besada e Miguel Ángel López, subdirector xeral de Deportes, acompañados polos presidentes da Federación Gallega Alfredo Bea e Diego Piña, do Kayak Tudense.

A saída aos participantes será ás 18:30h no paseo marítimo de Salvaterra. Os padexeiros terán que correr uns metros para chegar as súas piraguas, situadas a poucos metros da auga, e unha vez subidos na embarcación terán que percorrer os 17 quilómetros ata a liña de meta, situada diante das instalacións do Club Kayak Tudense, organizador da proba.

Ademáis, dúas horas antes do Descenso Internacional, o Club Kayak Tudense organiza a 7º edición do Descenso Popular, cuxa saída será ás 16:30h dende Ribeira de Caldelas e que contará con arredor de 700 persoas que percorrerán os catro quilómetros que hai ata a chegada, no mismo sitio que a competición oficial, pasando por lugares emblemáticos como as illas, a praia de Guillarei, a Metralla, a Comandancia da Mariña e o Paseo Fluvial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta