Comparte esta noticia

O BNG pediu á Xunta que se sitúe en relación ao conflito xurdido co Pazo de Meirás, á vez que considera que a Fundación Francisco Franco "debe ser retirada e desafiuzada" de Meirás.

Pazo De Meirás
Pazo De Meirás | Fonte: Europa Press

A deputada nacionalista Noa Presas valorou o último comunicado da Fundación Franco, co que os nacionalistas se mostraron "absolutamente escandalizados".

Presas respondeu así tras o comunicado emitido o luns pola Fundación Francisco Franco no que pedía á "dereita covarde" defender á "media España vítima da Fronte Popular", no cal tamén aseguraba que o "ditador non fusilou a ninguén" nin ditou condenas á morte.

"Non sabemos que ten que dicir a Fundación para que salga o señor Feijóo a censurala", asegurou a nacionalista. "Non é de recibo que nunha presunta democracia teñamos que aguantar desculpas deste calado, que consideramos que son insultantes para todas as persoas e familiares deste país que foron vítimas da represión franquista", afirma.

Por iso, tras este conflito, o BNG considera que a Fundación Franco "debe ser retirada e desafiuzada" do Pazo de Meirás para que este sexa de uso e goce de todos os galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Viviana

Ok, e logo o ex-conselleiro bloqueiro que devolva a pasta que trincou en forma de décimo de lotería, a-ha,a-ha, a-ha.

2 comunista independentista

Razón non lles falta, pero a estes autonomistas do Bloque máis lles valería estar caladiños, que coa de pufos que teñen coa banca española, aínda os van desafiuzar a eles da Avenida de Lugo.

1 anonimo

A ti non che dan nunca vacacións ou é que traballas non teu tempo libre tamén? Buah, debes estar atodadiño pobre. Tes un estilo moi curioso de redactar para un radikal coma ti aparentas ser... Curioso, curioso... Quen es en realidade comunista independentista?

1 Quellescheira

O BNG o que ten que facer tamén é que na súa cidade "modelo" se lle retiren as rúas que ensalzan a ministros franquistas (Fernández Ladreda), alcaldes franquistas (Filgueira Valverde) e demais falanxistas e cargos da ditadura de Franco que aínda figuran no seu rueiro urbano. O é que a dirección do BNG ten dúas varas de medir? E os oficialistas da Iniciativa Galega pola Memoria, a ollar para outro lado.