Exceso de turistas nas Cíes

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, dependente da Xunta, presentou denuncias contra catro operadoras, unha delas reincidente. En cada un dos dous dias que as controlaron, levaron 2.000 turistas de máis; o límite diario é de 2.200.

Por E.P. | VIGO | 14/08/2017 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, dependente da Xunta, presentou senllas denuncias contra catro navieras que conectan as localidades de Vigo, Baiona e Cangas coas Illas Cíes, por supostamente trasladar ao arquipélago durante dúas xornadas a máis persoas das permitidas.

Viaxe ás Cíes de varios destacados usuarios das redes sociais
Viaxe ás Cíes de varios destacados usuarios das redes sociais | Fonte: Oliver Vegas

Tal e como comunicou a Europa Press o director-conservador do Parque, José Antonio Fernández Bouzas, entre as catro navieiras denunciadas transportaron ata as Illas Cíes a 2.000 persoas de máis o pasado día 3 de agosto e outras tantas o día 5, de acordo co reconto realizado polos axentes forestais.

Ante estes feitos, indicou que se iniciou a tramitación destes expedientes por unha suposta vulneración da normativa, e agora será a Xunta a que tome unha resolución, que pode desembocar nunha sanción económica ou mesmo na extinción do permiso de navegación para levar turistas, ben nesta tempada ou na próxima.

Fernández Bouzas manifestou que o exceso de turistas é prexudicial para o parque porque pode "esnaquizar hábitats prioritarios" e supón un consumo de auga en demasía; pero tamén dixo que supón un peor servizo e "un perigo" para os propios visitantes, xa que "non pode haber tanta xente" e en caso de emerxencia podería levar problemas de evacuación.

Así as cousas, aínda que admitiu que tras as denuncias as navieras "están a comportarse", trasladou que están "indignados" e lamentou que se teña que "perder o tempo" en controlar que se cumpren as normas. Neste marco, pediu ás navieras —algunha das cales apuntou que é reincidente— que "se comporten", porque "teñen todo o ano para gañar diñeiro".

Praia De Rodas, Nas Illas Cíes
Praia De Rodas, Nas Illas Cíes | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Arturo

Non ten sentido que nas Cies, parque natural, haxa un camping.

4 galegoexiliado

¿E por qué Cies e As Catedrais teñen un límite de visitantes e en Compostela non se pon un límite e siguese fomentando, con cartos públicos, a invasión de moinantes e perroflautas? Turistes no güelcom jiar, gou jom.

3 Sesese

Lembrome de tomar o sol so na praia de rodas. Da Coruña a Vigo no tren, dormida en pensión ca moza .Coller o barco e pra illa. Tempos aqueles que non volverán

2 Amén

L'eau de Galice

1 Gamela

veredes o que tarda Abel Caballero en botarlle a culpa á Xunta por "dinamitar" a súa candidatura de Cíes ! Claro se que as declaran Patrimonio da Humanidade seguro que aumentará o número de persoas/día a 5.000 e todos contentos !!! Son unha pandilla de inconscientes !!!