Un peixe lúa tropical aparece nunha lagoa galega

Os ecoloxistas que o atoparon e publicaron fotografías argumetan que é unha proba máis do cambio climático que xa está a sufrir Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2017 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Colaboradores da Asociación Ecoloxista ARCO IRIS localizaron este mes de agosto no interior da Marisma de Baldaio de Carballo, A Coruña, un exemplar de orellán, un peixe tropical que adoita habitar en augas tépedas.

Orellán atopado na Marisma de Baldaio
Orellán atopado na Marisma de Baldaio | Fonte: Europa Press

A asociación explica que o animal puido terse desorientado e morrer no areal atrapado pola baixamar da lagoa. Trátase dunha especie peláxica de esqueleto óseo e que pode alcanzar un tamaño considerable.

O orellán habita en augas tépedas e tropicais de todo o mundo, e evita augas cunha temperatura inferior aos 13 ou 14 graos. A asociación lembra que en Galicia, no verán, afloran augas profundas que provocan que a temperatura do mar sexa máis fría.

Por esta razón, Arco Iris apunta que o achado deste exemplar parece confirmar "os progresivos e alarmantes signos de cambio climático que se veñen apreciando en Galicia nos últimos anos" e que poderían provocar "cambios radicais" nos bancos de pesca ou en zonas de cría como a Marisma de Baldaio.

A Asociación lembra que hai uns días foi atopada unha cría de quenlla en augas da ría de Vigo. Uns feitos que, puntualiza, comezan a deixar de ser extraordinarios e repetirse con frecuencia, o que vinculan a unha "irreversible tendencia de cambio climático".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bastante comúns

Os peixes estes non son tan raros nas augas galegas e chegan mesmo ao sur de Escandinavia. Non ten nada que ver co cambio climático, de sempre foi o seu hábitat. https://gl.wikipedia.org/wiki/Peixe...