O BNG alerta do interese das pasteiras lusas por “agudizar a ecualiptización” de Galicia

Os nacionalistas din que as intencións de Navigator Company de instalarse no país “é unha ameaza a esperanza de Galiza de optar por un monte racional”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/08/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

O interese da pasteira lusa Navigator Company de investir en Galicia para mercar plantacións de eucaliptos como medio de eludir as limitación para a plantación de eucalipto previstas no país veciño, tal e como informou GC, chegou xa ao terreo político. O BNG denuncia que esta situación “agudizaría a eucaliptización do monte galego”, que xa acumula 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata 2032. 

Plantación de eucalipto
Plantación de eucalipto | Fonte: greenpeace.org

“A nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto é unha ameaza á esperanza de Galiza para optar por un monte racional, diversificado, multifuncional e sostible”, salienta o portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, que ve no interese da pasteira lusa por aprovisionarse de eucalipto neste país “unha ameazada engadida que pode converter o noso monte nunha explotación económica propia do século XIX de tintes coloniais”.

Non nós chegaba con soportar a ENCE, senón que agora pretende vir a portuguesa Navigator a chuchar no noso monte, como se fósemos unha colonia á explotar, mesmo cun custe ambiental tremendo para o noso territorio, para que fagan negocio dúas pasteiras a cambio de arrasar co noso monte”, denunciou Rivas.

"Ineptitude de Feijóo"

Nun comunicado, este deputado denuncia que  “a plantación masiva e descontrolada de especies de pouca calidade nun monte de luxo, é un retrato da ineptitude do Goberno de Feijóo e da incapacidade do seu Goberno para sacar adiante un Plan forestal que dea alternativa racionais ao noso monte en beneficio dos e das galegas”.

Así, lembra que o resto do Estado e países europeos fixeron un proceso de repoboación maioritariamente con especies autóctonas. En Galiza só 300.000 dos 8,2 millóns de metros cúbicos que se cortan son de madeira de calidade procedente de especies autóctonas. Ademais, salientou a repercusión directa da invasión do eucalipto nun problema ambiental de primeira orde como son os incendios.

Neste sentido, e para afrontar esta situación, reclama un “plan para potenciar a transformación da madeira e xerar valor engadido e, polo tanto, máis ingresos económicos e máis emprego en Galiza”, beneficios fiscais para incentivar o coidado e ordenación do monte e impulsar un aproveitamento multifuncional do monte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 lei oferta-demanda

si se prantan moitos eucaliptos centos de milleiros de hectáreas os prezos caerán e caerán moito non vai ser rendibel e a xente que prantou eucaliptos rematara arruinada, enton viran os PPiromanos os madereiros a incendiar o monte e teras que vender a madeira queimada, incluso teras que suplicar de xeonllos que veñan a sacarcha do monte, os lunes dos eucaliptais serán grandes e arderán casas e aldeas e aldeanos do PPePPeiro, a xente morrera entre as lapas e logo viran os bombeiros coas motobombas incluso con pas polo monte, tirando con todo, cos marcos tamen, e dentro duns anos estará todo na ruina e vai ser expropiado polo gobernó para darllo os seus amigos das celulosas, VAI SER GRANDE ROUBO!!!! OS POBOS REMATARAN BALEIROS, VAI SER TODO ESTAFA!!!

1 Aldeano da aldea

Comentario absurdo do típico benegallo upegallo de taberna de casco vello que non pisou un monte na vida máis que pa ir de senderismo e vernos aos da aldea como indíxenas incultos dentro do zoo privado que el e os seus amigos queren montar no rural.

2 Aldeano da aldea

A xente fala sen saber. Escoitando algúns comentarios parece como se o eucalipto levase na nosa terra 10 anos, recórdolles aos mentireiros que o eucalipto leva en en Galicia máis de 50 anos (medio século) e encoméndolles a ler o libro de Pedro A. Ventallo (1908, sí, 1908) sobre a presenza do eucalipto na península e en Galicia. Despois de medio século e en zonas que xa sufriron 3 ou 4 cortas NIN SECAN AS FONTES, NIN MORREN OS PAXAROS, NIN A XENTE MORRE DE CANCRO,... Eucalipteiras transformadas a prados nestes anos por mor la lei de montes presentan valores do solo para os pastos mellores que as acidificadas polo carballo do país. Nas zonas produtoras (Mariña de Lugo, centro de Galiza, oeste de Lugo,..) o monte non arde nin menos nin máis epro da cartos aos labregos. As necesidades da sociedade non demandan madeiras de carbarballo ou castiñeiro (todos ides ao Ikea mercar) así que o que queira un xardín pa pasear que o pague, o resto co NOSO monte faremos o mellor.

1 Arturo

O discurso de sempre. Non é a Xunta quen pranta eucaliptos no monte,son os propios galegos propietarios do monte. O BNG fala coma se a decisión de prantar eucaliptos fose da Xunta, ou coma se todas as solución estivesen en mans da Xunta, ou coma se os intentos da Xunta de limitar a prantación de eucaliptos ( so nalgunhas zonas) non tropezase con resistencias salvaxes. O discurso do BNG e negar sempre, sempre, as responsabilidades individuais e socias na peste dos eucaliptos e nos incendios. Non hai incendiarios, non hai milleriros de galegos que enchen todo de eucaliptos. Non. A culpa é da Xunta por non ordenar, racionalizar, etc o monte, coma se o monte ne Galicia non fose privado e calquer intento de limitar plantacións non chocase con resistencias salvaxes. A verdade proe.

1 celerico

Pois se os proprietarios rurais poden fazer na sua terra o que lles petar, por que non fomentar o cultivo de coca e marihuana,que son moito máis rentáveis?

2 Verdade de Verdade

xa che digo. Ben falado, celerico. Eu resido nunha aldea de Carnota e o noso monte estase a invadir completamente de eucaliptos e australias, E NINGUÉN NO NOSO CONCELLO EXPLOTA O CULTIVO DO EUCALIPTO NIN O QUEREN POLAS SECAS QUE ESTA A PRODUCIR DAS AUGAS BAIXANTES DO MONTE

3 Fada-lobo

Estimado Arturo esqueces que son moi poucos os que coñecen as enormes posibilidades do monte galego, esqueces que o Banco de Terras funciona baixo mínimos, esqueces que non existe un plan difundido que poña en valor a enorme riqueza que as nosas vellas fragas representaban e esquecer isto xa é esquecer todo. E si hai que ordenar e racionalizar pero dende o convencemento e o coñemento (incluídos os coñecementos sociolóxicos). Chegaría con divulgar exitosos proxectos que se están a levar a cabo por emprendedores dos de verdade en programas moi vistos na TVG para que algo cambiara. Si se pode cambiar, aqui deixo un exemplo de socialización de beneficios producidos pola enerxia eólica: http://praza.gal/politica/12666/mur... Todo un exemplo de eficiencia pública. A ver se aprendemos. Dende a humildade, o traballo diario e a imaxinación pódense levar a cabo pequenos cambios que benefician a moitos.