Temas: PESCA

O naufraxio do barco galego “máis famoso do mundo” entre os acusados de pesca pirata

O Thunder foi perseguido durante máis de 100 días por medio planeta polo Sea Sheperd, unha embarcación ecoloxista que se adica a denunciar a pesca ilegal.

Por Galicia Confidencial | | 09/08/2017 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Tras ser interceptado no Antártico, a persecución rematou en augas de Sao Tomé, no golfo de Guinea, máis de 100 días despois. Na primavera de 2015, o arrastreiro ía ao fondo en sospeitosas circunstancias, pois o mar era bo, a tripulación abandonara o buque tranquilamente e tiña as comportas abertas.

Un tripulante do Sea Shepard observa o sospeitoso afundimento do Thunder
Un tripulante do Sea Shepard observa o sospeitoso afundimento do Thunder | Fonte: Sea Shepard youtube

De feito, tanto o capitán como o xefe de máquinas foron condenados a penas de prisión. O Thunder estaba na lista de varias organizacións internacionais que regulan a pesca polas súas prácticas irregulares durante anos. Para os ecoloxistas de Sea Sheperd, era o barco adicado a pesca ilegal máis famoso do mundo.

Quen está detrás de esta embarcación? Todos os fíos apuntan a armadores galegos. De feito, o Ministerio de Agricultura acaba de abrirlles expediente sancionador por pesca ilegal no marco da Operación Sparrow 2. 

Nos próximos días GC presentará os resultados dunha investigación sobre os nomes que, detrás dunha maraña de empresas e bandeiras de conveniencia (por exemplo o Thunder levaba bandeira de Togo), tanto mal están a facer a imaxe da pesca do país.

Temas: PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galego

Me encanta esta historia del barco galego create hotmail