A ponte do Ézaro lucirá faciana nova

A Xunta adxudicou as obras de reparación deste vial moi frecuentado polos turistas durante o verán e que, incluirán, iluminación artística.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 07/08/2017 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A ponte da AC-550 que une os concellos de Dumbría e Carnota, sobre o río Xallas e moi preto da coñecida fervenza do Ézaro, lucirá faciana nova no prazo de 3 meses.

Así, ese vial que é un dos máis frecuentados polos turistas na Costa da Morte mellorará os sistemas de contención, terá novas varanda e nova sinalización vertical. Prevense, ademais, obras complementarias como a reposición da protección metálica das canalizacións eléctricas e de telefonía e a instalación de elementos para a iluminación artística da ponte.

A Consellería de Infraestruturas vén de adxudicar este contrato de obras de reparación dunha estructura que ten varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden reducir a durabilidade da ponte.  

Serán case 325.000 euros para que a empresa Arias Infraestructuras S.A. acometa o selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón, previo tratamento das armaduras; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada. Ademais do fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes.

Ponte sobre o Ézaro
Ponte sobre o Ézaro | Fonte: QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta