Temas: AROUSA

A illa Guidoiro Areoso, un tesouro arqueolóxico e paisaxístico único en Galicia

É un illote que acumula numerosos restos arqueolóxicos desde o Neolítico ata a Edade do Bronce. Estivo unido á Illa de Arousa hai tan só 3.500 anos.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 03/08/2017 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Guidoiro Areoso é un illote de apenas 8 hectáreas de superficie situado na Ría de Arousa. Unha ínsua que oculta un dos tesouros arqueolóxicos máis descoñecidos de Galicia; cinco mámoas, cinco cistas e numerosos restos da época do Bronce, ademais, de cerámica romana. E, aínda así, hai moita máis historia enterrada na area desta illa de apenas 600 metros de longo.

Illote de Areoso
Illote de Areoso | Fonte: augamorta.wordpress.com

Toda a illa está rodeada de arrecifes. Unhas reminiscencias da súa época de terra firme. E o certo é que hai uns 3.500 anos o Areoso era unha longa península da Illa de Arousa, que, as úa vez, tamén era outra península. Coñece os seus segredos nunha reportaxe do portal colaborador Historia de Galicia.

Temas: AROUSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta