Temas: TRANSPORTE

Alcalde do PP detido por explotar inmigrantes logra nova concesión de bus da Xunta

José Luís Gavilanes Losada, alcalde de Xunqueira de Ambía, e o seu fillo son donos dun considerable grupo de empresas. Del forma parte unha compañía, Empresa Gavilanes, que acaba de recibir unha adxudicación do polémico novo plan de transporte da Xunta. Esta semana os dous foron detidos por un presunto delito contra os estranxeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2017 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O alcalde da localidade ourensá de Xunqueira de Ambía, José Luís Gavilanes; a seu exmujer, Carmen Limia, e o seu fillo, Antonio Gavilanes (expresidente do Club Ourense Baloncesto) están a ser investigados pola Policía como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros por ofrecer, supostamente, traballo a tres inmigrantes irregulares, sen un contrato e sen regularizar a súa situación. 

Autobús de Empresa Gavilanes
Autobús de Empresa Gavilanes | Fonte: Glen Wallace wikimedia

Un dos traballos que se lle ofrecía ilegalmente aos emigrantes é, de acordo a policía, a limpeza de autobuses. Segundo figura no Rexistro Mercantil, o alcalde foi administrador único de Empresa Gavilanes até hai un ano. Dende entón, o administrador único é o seu fillo. 

A Xunta informou esta semana que, precisamente, Empresa Gavilanes é unha das gañadoras do reparto de liñas de autobuses ao fío do novo e polémico plan de transporte. En concreto,  adxudicouse en solitario o transporte para o Eixo de Laza.

Grupo empresarial da familia Gavilanes

Gavilanes Losada, ten cargos nas empresas Áridos de Astariz, Spanish Asplat Technology, Venezolana Internacional de Maquinaria e Global Arzuf SL. Tamén foi conselleiro do Club Ourense Baloncesto até o ano pasado. Outro dos traballos investigados é a limpeza de pisos dos xogadores deste equipo de LEB.

Gavilanes Losada, á esquerda, canda outros alcaldes e a conselleira de Medio Rural nunha imaxe da web da Xunta
Gavilanes Losada, á esquerda, canda outros alcaldes e a conselleira de Medio Rural nunha imaxe da web da Xunta

O seu fillo, Gavilanes Limia, foi presidente do COB e mantense como conselleiro.  É administrador de Empresa Gavilanes SL, Oicogen SAL, Casa Olegario SL, Autocares Losada, Ourensana de Servicios Generalas de Limpieza .

Versión do detido

José Luís Gavilanes manifestou a Europa Press "ter a conciencia moi tranquila" porque "non hai ningunha relación laboral". Tamén explicou que a súa familia "ofreceu axuda humanitaria a cambio de nada" a varias persoas, a instancias de Cáritas e de asociacións de inmigrantes.

O pasado luns a Brigada de Estranxeiría e Documentación detivo ao alcalde, o seu expareja e o fillo que teñen en común para interrogarlles sobre tres inmigrantes ilegais aos que supostamente ofreceron traballo sen regularizar a súa situación cun contrato nin ofrecerlles ningún pago polos seus servizos.

Tras prestar declaración o tres detidos quedaron en liberdade e o caso trasladouse ao Xulgado número un.

A Policía explicou que a investigación se iniciou por mor dun suposto matrimonio de conveniencia entre un cidadán senegalés e unha española. A pesar de que o home se atopaba en situación irregular os axentes observaron que facía traballos de limpeza.

Vixilancia policial para detectar a fraude

O operativo de vixilancia posto en marcha para comprobar a situación laboral do investigado detectou a existencia de tres homes, dous senegaleses e un colombiano, que supostamente estaban a traballar sen contrato para o alcalde ou a súa contorna familiar.

Segundo os axentes os homes entraban en contacto cos investigados a través de Carmen Limia, que era voluntaria en Cáritas. Todos participaron supostamente en programas de inserción laboral desta organización asistencial.

Os axentes comprobaron que realizaban labores de limpeza e de acompañamento a persoas maiores nos vehículos da empresa Transportes Gavilanes, propiedade do alcalde de Xunqueira.; limpaban os pisos nos que se aloxaban os xogadores do Club Ourense Baloncesto (COB) e facían labores de xardinaría na vivenda dos pais de Carmen Limia.

As investigacións tamén constataron que o tres inmigrantes levaban dous anos, ano e medio e seis meses realizando estes labores sen contrato e sen percibir un soldo, senón a cambio de comida e dun aloxamento nun piso do barrio do Couto (Ourense).

Un dos inmigrantes, de orixe senegalesa, xa foi expulsado do país e os outros dous homes están en trámites de expulsión.

O alcalde preséntase como vítima

"Non son un delincuente, nin me dedico a explotar ás persoas. Teño a conciencia moi tranquila", sinalou o alcalde de Xunqueira a Europa Press.

José Luís Gavilanes apuntou que na súa empresa de transportes conta con máis de cen empregados e que "en ningún caso estivo traballando ninguén sen estar dado de alta na Seguridade Social" e cominou á Policía a "comprobalo" preguntando aos seus traballadores.

O alcalde defendeu que a súa familia "deu axuda humanitaria a cambio de nada" a varias persoas a instancias de Cáritas, pero insistiu en que non lle unía "ningunha relación laboral" con ningún do tres inmigrantes.

Tamén recoñeceu coñecer a un do tres, un cidadán de orixe senegalesa, ao que supostamente ofreceu axuda en forma de roupa, comida e mesmo lle axudou --di-- a pagar o aluguer dun piso "durante preto dun ano, porque Cáritas non podía".

"Se cadra excedémonos", sinalou Gavilanes, que considera que "moita xente pode non entender" a implicación da súa familia coa situación dos inmigrantes irregulares, pero que defendeu que "se a Administración non lles axuda, alguén terá que facelo".

Respecto das acusacións contra o seu fillo durante a etapa que estivo a presidir o COB, Gavilanes explicou que a relación se limitaba a que lles regalaba roupa e entradas para acudir aos partidos.

Para o edil a investigación é froito de "algún funcionario que quere rascar unha medalla" pero insistiu en mostrarse "moi tranquilo" porque "non hai nada que investigar" salvo axudas humanitarias.

"Non me arrepinto nin penso cambiar, penso seguir axudando ao que o necesita dentro das miñas posibilidades", abundou respecto diso.

Temas: TRANSPORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vaia choio... a formación laboral a cargo de Cáritas, o traballo gratis a cambio de casa e comida... e por riba un xa foi expulsado do país e os outros dous están en trámites de expulsión ¿Que apostades a que antes de que saia o xuízo xa non queda ningún testigo que declare? Causa sobreseída por falta de probas e o "funcionario da medalla" vai pasalo mal de carallo... Así tamén teño eu EMPRESAS !!!