Temas: PUBLICIDADE

Na busca dos mellores anuncios en galego

Hoxe presentouse a XXIV edición dos Premios de Publicidade en Galego. Até o 2 de outubro hai tempo de remitir propostas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/07/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario  é a finalidade desta iniciativa. Hai 4 categorías: radio, televisión, internet e prensa escrita.

Presentación dos premios da publicidade en Galego
Presentación dos premios da publicidade en Galego

En cada unha destas modalidades entregaranse dous premios: á empresa anunciante e á axencia de publicidade que desenvolveu o traballo. Os traballos deberon ser difundidos ao longo do ano 2016.

En novembro, coincidindo co Día da Galeguidade Empresarial, daranse os trofeos.  

As anteriores edicións dos Premios de Publicidade en Galego foron convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da Corporación da RTVG, agora disolto. 

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira; o  secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González, presentaron esta mañá os detalles.

Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta