Temas: RADIO

Cope segue a recortar distancia coa Ser en Galicia

O EGM mostra un avance da cadena dos obispos, mentres que es Radio non consigue afianzarse no país malia as adxudicacións de frecuencias. A Radio Galega continúa perdendo oíntes, escasísimos no caso da Radio Galega Música.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A última onda do Estudio General de Medios (EGM) confirma que a Cadena Cope reduce diferencias coa Cadena Ser na carreira polo liderado do mercado radiofónico galego, aínda que continúa considerábel distancia.

Evolución do consumo de diferentes medios
Evolución do consumo de diferentes medios | Fonte: avante comunicación

 

Así, comparando esta onda, a segunda de 2017, coa equivalente de 2015; a Ser pasa de 506.000 a 478.000 oíntes, -5,6% nestes dous anos. No mesmo período, a cadea da Conferencia Episcopal pasa de 261.000 a 316.000 oíntes, unha subida do 21%.

 

Comparando números absolutos do último ano, a Ser perde 28.000 seguidores galegos mentres a COPE gaña 23.000. Con todo, os 506.000 oíntes do país aínda da cadea do Grupo Prisa parecen inalcanzables a curto prazo para a radio dos bispos.

Evolución da audiencia no EGM das emisoras de radio en Galicia no último ano
Evolución da audiencia no EGM das emisoras de radio en Galicia no último ano | Fonte: avante comunciación

 

En terceira posición está a radio pública, que sae mal parada en comparación coa TVG, unha das televisións líderes no país. Así a Radio Galega nos últimos dous anos pasa de 302.000 a 261.000 oíntes, un 14% menos.

 

Os datos da outra emisora pública, a Radio Galega Música, son paupérrimos. Sen apenas programación propia e cunha selección musical pachangueira, anda estancada en redor dos 33.000 oíntes, no furgón de cola das radios musicais malia a súa potente sinal.  

 

Onda Cero e Radio Voz presentan ganancias fronte o EGM de comezos de ano, pero comparando as súas cifras cos estudos equivalentes de 2015, vese que están estancadas, pasando a primeira de 231.000 a 228.000 e a cadea de La Voz de 114.000 a 116.000.

 

Entre as radios xeralistas, chama a atención a lenta implantación de Es Radio no país. En 2013 a Xunta de Nuñez Feijóo outorgoulle catro licencias no país, pero máis catro anos despois  a cadea ultraconservadora do grupo Libertad Digital ten apenas 33.000 oíntes, practicamente a mesma cifra que hai dous anos e menos que, por exemplo, a emisora de música clásica de RNE.

 

O 62% dos galegos din escoitar a radio, moitos máis que os que len prensa (40%); pero xa  menos dos que se informan pola Internet (65%).

 

Evolución da audiencia no EGM das emisoras de radio en Galicia no último ano
Evolución da audiencia no EGM das emisoras de radio en Galicia no último ano | Fonte: avante comunciación
Feijóo nun acto de Cope Ferrol
Feijóo nun acto de Cope Ferrol
Feijóo nun acto de Radio Galicia Cadena Ser
Feijóo nun acto de Radio Galicia Cadena Ser
Temas: RADIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Braulio

A SER non é nin asombra do que era, dende que o Grupo ultramaontano Liberty se fixo cargo de PRiSA, e eso que en Galicia sempre foi unha emisora de rueiro.

3 galegoexiliado

É normal que un país ultracatólico e de dereitas escoite o arradio dos bispos, ademais ai que ter moito aguante pa soportar horas de horas de anuncios na Radio Anuncio-SER, ou peor ainda escoitar na galega todo o dia a vida e milagres do noso señor Mariano e o seu profeta na Galiza. Da radio maruja música.... mellor nin falar pois escoitar xa nin se escoita. Magoa que don Frodorik teña tan poucos seguidores entre os franquistas galegos, non saben o que se perden.Logo de escoitalo un chega a conclusión de que non podemos queixarnos pois ainda poderíamos estar peor.

2 ixtlan

Non me extraña que Radio Galega Música non teña oíntes. Desvinculándose do feito de ser Galega, tenta competir absurdamente no sector da "música lixeira" española, mesmo por riba do pop e rock internacional. Como se fose unha sucursal dunha radio comercial española sen identidade ningunha.

1 Gamela

deberamos preguntarlle aos bispos se están pola independencia catalana visto a transferencia de patrimonio galego cara ó arcebispado de Barcelona na operación Donaire que xa é unha realidade contable grazas á Fundación Fantasma creada en 2016 por Omella & Fiuza S.L. https://flic.kr/p/RboG8y A igrexa sempre vai un paso por diante e en cuestión de cartos máis !