Pasa a disposición xudicial o detido por apuñalar á súa exparella en Santiago

O home detido por supostamente apuñalar o luns pola tarde no centro de Santiago de Compostela á súa exparella foi trasladado ao xulgado para pasar a disposición xudicial na mañá deste mércores.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 10:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O home detido por supostamente apuñalar o luns pola tarde no centro de Santiago de Compostela á súa exparella foi trasladado ao xulgado para pasar a disposición xudicial na mañá deste mércores.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación, o arrestado, natural de Romanía como a vítima, foi levado desde as dependencias policiais onde permanecía detido desde o luns ata o Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago para pasar a disposición xudicial a partir das 10,30 horas.

Agresor e vítima, de 21 anos de idade, foran parella durante dous anos e deixaran a relación facía dous meses, segundo explicou ás autoridades unha cuñada da moza atacada que a acompañaba no momento dos feitos.

A investigación pola brutal agresión ocorrida a plena luz do día nas proximidades do aparcadoiro de San Clemente, na capital galega, está en mans da Policía Nacional.

Pola súa banda, a moza apuñalada está ingresada na Unidade de Críticos do Hospital Clínico de Santiago estable dentro da gravidade. Tras ser intervida das numerosas feridas que recibiu a plena luz do día en cara, peito, brazos, abdome e perna, presenta prognóstico reservado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta