Ames e Rianxo, próximos puntos de observación astronómica de TodoCosmos

Nestes dous concellos terá lugar unha sesión de observación de constelacións e planetas a simple vista a vindeira semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/07/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Os concellos de Ames e Rianxo serán as próximas citas do programa de divulgación astronómica TodoCosmos que desenvolve o Observatorio Astronómico Ramón María Aller financiado pola FECYT. 

Chuvia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo
Chuvia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo

Co lema ‘Noite de estrelas’, a primeira das citas será o venres 21 no Alto do San Marcos (estrada a Ameixenda) onde terá lugar unha sesión de observación de constelacións e planetas a simple vista, en horario de 22.30 a 1.00 horas. As persoas interesadas, ás que se aconsella que acudan provistas de lanterna e roupa de abrigo, poderán contactar previamente co concello de Ames ao estar previsto contar co servizo dun autobús que sairá dende a praza do Concello. Para esta xestión está dispoñible  o teléfono 660 004 665 ou o correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Tamén o mesmo venres celebrarase unha sesión de observación en Rianxo a partir das 22.30 horas, dende o Paseo da Ribeira a carón do busto de Castelao. Neste caso instalarase un telescopio para a observación dos planetas Xúpiter e Saturno, ademais dunha estrela dobre e un cúmulo estelar.  Nesta mesma localidade coruñesa, a xornada repetirase o 29 de xullo e o 4 de agosto en semellante horario e localización.

TodoCosmos continuará o seu particular percorrido por toda Galicia con sesións de observación dende Boqueixón no Pico Sacro (día 24 de xullo), Barbadás (26/7), Noia (27/7), Lampai-Teo no Alto da Grela (28/7), Padrón-Ínsua (28/7), Sanxenxo-Paseo de Silgar (30/7). A programación de TodoCosmos continuará ao longo de todo o mes de agosto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta