Temas: TOPONIMIA

A RAG quere que a Xunta se implique para evitar a deturpación dos topónimos en galego

Os traballos de recollida, normalización e difusión da toponimia galega están suspendidos desde hai varios anos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/07/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Revisar e actualizar o Nomenclátor de Galicia. Ese é o obxectivo no que a Real Academia Galega (RAG) quere implicar á Xunta de Galicia e así se puxo de manifesto no encontro que este martes tiveron o presidente desta institución, Víctor F. Freixanes, co vicepresidente, Alfonso Rueda.

Cartel con toponimia deturpada
Cartel con toponimia deturpada

O presidente da RAG, acompañado polo secretario Henrique Monteagudo, salientou a importancia do traballo que vén desenvolvendo a Academia no ámbito da toponimia, centrado nos últimos anos na revisión e actualización do Nomenclátor de Galicia, repertorio que fixa a denominación oficial das entidades de poboación de Galicia. Unha actualización que evitaría casos de deturpación como os que aínda se dan nalgúns sinais.

Ademais destacou a  riqueza patrimonial que supón a copiosa toponimia galega, e apostou por establecer un marco plurianual de colaboración entre a RAG e a Xunta de Galicia que “sexa ambicioso e que aborde tamén a toponimia menor”, que abrangue o nome de veigas, vales, regueiros, montes, penedos, camiños ou fontes. 

Neste sentido, comprometeuse a que a Real Academia Galega lle presente proximamente á Xunta unha proposta que sirva como base para un convenio entre ambas as institucións, para retomar os traballos de recollida, normalización e difusión da toponimia galega, suspendidos desde hai varios anos.

38.000 rexistros

O Nomenclátor de Galicia, que recolle os lugares habitados, consta de 37.308 rexistros, unha cuarta parte dos de toda España e uns 4.000 máis que os que suma Portugal. No caso dos microtopónimos, estímase que os 500.000 recollidos son só un terzo dos existentes. Salvar este rico patrimonio inmaterial require unha actuación urxente, antes de que desaparezan os informantes que o gardan na súa memoria.

A RAG salienta ademais como unha prioridade a elaboración e posta a disposición na Rede, a efectos operativos, dunha base de datos de toponimia galega que sirva de referencia, e estima que un obxectivo razoable sería chegar aos 250.000 ou 300.000 rexistros.

Temas: TOPONIMIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Fartodalingua

Pues yo diré siempre La Coruña que suena más bonito que A Coruña; y también diré La Puebla que es más hermoso que la mier da de Pobra. Y seguiré extendiendo el nombre de Puentedeume, así como Villalba, y Orense. Viva Galicia y Viva España.

2 dendeaburga

Deberían empezar exixindo a Google que respecte a nosa toponimia

1 Verissimo

Comunista Independentista, o sabio mareado que raposea con diferentes disfraces por GC, xa o dixo no caso do Deportivo de La Coruña e o Ayuntamiento/Concello da cidade: non intervir en empresas e agrupacións privadas. Que fai logo a asociación privada chamada RAG no asunto? Deixen facer! Que agradable, onte mesmo, ver os bombeiros do Ayuntamiento de La Coruña, coas súas camisetas novas lucindo o topónimo deturpado. Nin as Mareas de Podemos, nin o BNG-PSOE, tampouco ao PP, lle preocupan eses pequenos detalles cando gobernan. Será polos recortes que non dan para camisetas novas? Será que a imprenta é privada? Serán as inercias do pasado? Os bombeiros non son privados, pero case, que diría o Comunista Independentista. Deixen facer!