Temas: EUCALIPTO

Unha nova talla de eucaliptos afecta a un castro na Pontenova

O castro de Santo Estevo de Rececende estivo rodeado por unha carballeira que foi substituída por un eucaliptal.

Por Galicia Confidencial | A Pontenova | 11/07/2017 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O castro de O Patelo (protexido baixo as coordenadas GA27048002), ubicado en Santo Estevo de Rececende, no concello de A Pontenova (Lugo), acaba de ser afectado por unha talla de eucaliptos, tal e como denuncian ADEGA e Mariña Patrimonio.

Castro de Santo Estevo de Rececende, no concello de A Pontenova (Lugo), afectado por un eucaliptal
Castro de Santo Estevo de Rececende, no concello de A Pontenova (Lugo), afectado por un eucaliptal | Fonte: Mariña Patrimonio

Dase a casualidade que este ben patrimonial está catalogado e que, antes estaba rodeado por unha carballeira que foi substituída, cren estas entidades que de xeito ilegal, por un eucaliptal que foi tallado e que provocou danos na estructura do ben. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Eucalipto si stop carballo

E logo que pasa? Que ahora ao dono das leiras onde está o Castro e ás do redor lle pagan por telo alí? Terán dereito a plantarle o que lle pete e se os amigos de conservar en terreo alleo queren o castriño que lle merquen a leira ou lle paguen ao home por ir velo. Moito ordear más terras dos demais!!! Pero logo non se lle paga un peso a eses propietarios por soportar unha carga ou buscar rendemento ao terreo. Merd.... De Adegueiros de cidade.

1 Ecoloxista indignada

É algo que sempre me preguntei, por qué eses bandullos engordados en Alcoa de Mariña Patrimonio non usan as súas nóminas ou as axudas privadas e subvencións públicas para mercar fincas con castros e petroglifos e ilas poñer en valor, sacho e fouciño en man. O mesmiño que me pregunto por qué no GaliciaConfidencial os verquidos de lama vermella tóxica chea de sosa cáustica destes días non se publicaron aquí. Retóricamente, claro.