A oposición pide o cese do cargo do PP e xefe de Emerxencias da Estrada

PSdeG, Móvete e o BNG din que hai que “depurar” responsabilidades e pídenlle ao concello que aclare as funcións e os contratos de Carlos Faílde.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 08/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A oposión no Concello da Estrada pide a dimisión do cargo do PPdeG e xefe de Protección Civil desta localidade, Carlos Faílde, tras publicar GC que empresas da súa titularidade recibían contratos públicos relacionados con emerxencias tanto da Xunta como do propio concello estradense.

Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia

Tras dúas horas de debate o pasado xoves; PSOE, BNG e Móvete seguen pedindo unha comisión de investigación e o cese de Faílde no cargo. A súa empresa, Emersafe, factúralle regularmente material de emerxencias ao Concello; unha área, emerxencias, na que o coordinador municipal é, precisamente, o apoderado de Emersafe e marido da administradora única. 

Segundo o PSdeG, é o propio Faílde quen, como coordinador de Protección Civil, firma a conformidade do material que lle entrega os provedores. "Tódalas cuestións relacionadas co coordinador de emerxencias da Estrada, tanto as adxudicacións de emerxencias feitas dende a Xunta e Concello en beneficio das empresas relacionadas con Faílde, como, tódalas lagoas sobre o seu posto de traballo, “significan que estamos diante dun caso de corrupción sistémica”, denuncian desde Móvete. “Agora é responsabilidade de toda a Corporación chegar ao fondo da cuestión e comprobar se os feitos en cuestión chegan a ser ilegais e, consecuentemente, depurar posibles responsabilidades”, engade esta formación.

No pleno, o alcalde presentou un Informe sobre Compatibilidade que pretendía zanxar o “Caso Faílde” apuntando que éste ten recoñecida a compatibilidade obtida por silencio administrativo. Foi solicitada o 20 de xuño de 2013, pero nunca se chegou a aprobar no Pleno que é o órgano que está facultado para, no seu caso, recoñecerlle a compatibilidade. 

O BNG denuncia que o alcalde da Estrada non quere dar a cara nin dar explicacións nunha comisión de investigación. “Este asunto está afectando moi negativamente á imaxe de Protección Civil da Estrada, que presta un servizo moi importante aos veciños e veciñas”, indica. Neste sentido, o BNG da Estrada pide ao alcalde que cese a Carlos Failde das súas funcións como xefe de Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Edgar

É unha pena! https://google.es

1 Estradense de toda a vida

Móvete e o BNG da Estrada pedindo responsabilidades.... O que hai que ver!!! Seica os paxaros se van as escopetas!! Nunca tanto a borralla da Estrada andivo xunta, seica se acabaron os cartos dos papás e buscan sitio no concello. Tranquilos que esta é unha aldea pequena pero o Karma chega a ela tamén. As próximas municipais van ser un "chou" jajajaja. E bate que bate u chuculate.