Noriega remodela o goberno de Compostela

O alcalde reforma o seu equipo lixeiramente para "repartir a carga" de traballo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/06/2017 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, anunciou este venres a remodelación levada a cabo no seu goberno co obxectivo de "repartir a carga de traballo" que concentran catro áreas, nomeadamente a Alcaldía e as concellarías de Jorge Duarte, Marta Lois e Branca Novoneyra.

O rexedor compostelán, Martiño Noriega.
O rexedor compostelán, Martiño Noriega.

"Existen catro grandes áreas con sobrecarga de responsabilidades e de traballo", explicou o rexedor compostelán, quen fixo fincapé na necesidade de realizar "unha repartición" da carga deste catro espazos. E é que, argumentou, o resto de concelleiros "levan xa dous anos" na Administración local e, polo tanto, "hai unha rodaxe e unha formación para afrontar os retos".

Deste xeito, María Rozas seguirá ocupando a primeira tenencia de Alcaldía, ademais de manter as delegacións de Economía e Facenda e de Persoal e Réxime Interno, ás que suma Contratación e Arquivo.

Pola súa banda, Jorge Duarte mantense tamén como segundo tenente de alcalde e concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, competencias ás que suma as de Participación e Relacións Veciñais, que viñan exercendo desde a Alcaldía.

En cambio, no que ten que ver con Espazos Cidadáns, as competencias de Obras e Mantemento pasan ao concelleiro Rafael Pena, que será edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para ou Reequilibrio Territorial. Porén, Jorge Duarte seguirase encargando das grandes obras.

MARTA LOIS, LIBERADA DE MERCADOS

En canto a Marta Lois, será designada terceira tenente de alcalde. Mantense tamén como portavoz do grupo municipal, coas competencias en Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. As competencias en materia de Mercados pasarán a Noa Morais, que conserva Mocidade, Deportes e Benestar Animal.

Pola súa banda, Concha Fernández conserva as competencias que ten na actualidade: Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, á vez que consolida a delegación de Centros Socioculturais.

No que respecta a Xan Duro, este suma as competencias de Innovación á Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, mentres que Manuel Dios mantén as delegacións que ten na actualidade: Educación e Cidadanía.

En canto á Alcaldía, seguirá sendo responsable de Lingua, Relacións Institucionais e Cultura e Festas, á espera da incorporación de Branca Novoneyra, que, en principio, se prevé para setembro.

CAMBIOS NA ESTRUTURA INTERNA

Estes axustes nas delegacións de competencias dos concelleiros irán acompañados dalgunhas novidades na estrutura interna do Concello. En concreto, o primeiro, aprobado este propio venres na Xunta de Goberno, é o nomeamento de Xaquín Monteagudo como director da Asesoría Xurídica Municipal.

Deste xeito, a Dirección de Área que viña ocupando queda liberada e será ocupada ao longo do verán por outra persoa. A continuación, Noriega precisou que das seis direccións de área que había no Concello seguiranse mantendo só dúas ocupadas: a de Réxime Interior e Persoal e a de Urbanismo.

Nos próximos meses tamén se vai a cubrir a xefatura de servizo da área de Centros Socioculturais, Educación e Dinamización Social, creada na última modificación da relación de postos de traballo do Concello.

CESAMENTO DA XEFA DO SERVIZO DE LICENZAS E URBANISMO

O alcalde anunciou o cesamento, mediante decreto asinado este venres, da xefa do servizo de Licenzas e Urbanismo, Berta Rosón. En concreto, o posto será ocupado por outra funcionaria do departamento, Ana Prieto.

Noriega explicou que a decisión responde "a unha ruptura de confianza porque a persoa cesada non estaba a aplicar correctamente as instrucións pactadas nas Mesas de Hostalería, nin respectaba os convenios que o goberno asinaba con asociacións culturais da cidade para a celebración de actuacións de música en directo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Fada-lobo

Compostela, coma a Coruña ou Ferrol son cidades desnortadas, carentes de proxectos... Ben distintas a Pontevedra e incluso a Vigo. Eu non estou de acordo co alcalde de Vigo, pero cómpre recoñecer que sabe o que quere para a súa cidade. Outra cuestión é que coincidan moitos vigueses e o resto dos galegos. Pero cómpre recoñecelo, ata o localismo máis simplé é unha ruta.

1 Amigos para siempre

Ti Kollontai Fada Pasabaporaqui Agromando e outros nomes, es unha triste serva do PSOE. Pois o modelo de BNG que defendes é unha sucursal do PSOE descentralizado con oficinas locais a cargo dun comisario bloqueiro. O localismo, segundo ti, é 'unha ruta"? Fai país ou desfai e crea borregos? Non acredito! Coñeces Vigo? Ou páganche pola propaganda do PSOE? Caballero é modelo mellor que Martiño?

2 Amigos para siempre

Falamos de Vigo? Os barrios degradados, centros comerciais onde non hai plan (servir ao capital e escaparate para consumo das masas idiotizadas), sen ordenación (rural no medio de urbanizacións, rúas imposibles, caos), ordes de derribo que non se cumpren (e quen as paga?), parasile de obras emblemáticas que non se rehabilitan (a cambio de gastar constantemente en estúpidos dinosetos), burla do patrimonio marítimo (con rotondas con barcos contra os veciños), control dictatorial do MARCO (até deixar de ser centro de referencia), fume (Celta, Porto, Zona Franca, Mancomunidade, Peinador, parquing Alvaro Cunqueiro) para esconder a incapacidade de alternativas e xusticicarse, contratas millonarias sospeitosas en auditorios, enchufismo familiar (paga o funcionario de turno), símbolos fascistas (Cruz do Castro)...

3 Amigos para siempre

De verdade, Kollontai es unha servil lacaia do noxento sistema. Resido en Vigo e por temporadas tamén en Compostela, e antes na Coruña. Non hai comparación posible! Es ben mendiga... Ferrol é caso aparte, un alcalde pouco defendible, pero lembra que o enorme desastre de Ferrol é debido ao PSOE (responsable de queimar un modelo industrial controvertido sen dar alternativas, responsable de acabar coa cidade). Nunca votei polas Mareas, mesmo en Vigo o altavoz e concelleiro é un impresentable, pero o teu odio as Mareas de Podemos evidencia a baixeza dos domésticos do BNG como sucursal do PSOE.

4 Fada-lobo

Ti sabes ler. So dixen que non tenen un modelo de cidade e isto e mais que evidente. Dime tres medidas, so tres que indiquen que non son gobernos de recambio. Polo demais xa sabes o que di o refran mal de muchos consuelo de necios. Eu non son de ningun partido pero si me amola o simplismo e o ninismo como forma de ver a vida. Por outra parte magoa que ese resentimento contra a tua cidade non se amose mais que con criticas e un certo vitimismo. Todas as cidades galegas agas Pontevedra son antimodelos dunha civitas. E intentsr calar a unha persoa critica acusandoa de baixeza revela que ti es un ser cheo de hargumentos. Entendo ben o desnorte das cidades mareantes lendo os teus comentarios cheos de vile e faltos de contido. Un triste monologo interior ninista e clasista como revela o teu uso da palabra domesticos. Os cachorros da seudoprogresia caviar dando leccions mal aprendidas....

5 Fada-lobo

Esquecia indicar os teus mais que evidentes problemas de comprension lectora que me indican que es un dos dous que me perseguen neste foro. Si o localismo e un modelo co que eu non concordo e considefo a gran lacra de Galicia. O caos e o xa se vera non son modelos de nada. E por certo, non foi Vigo quen empezou con ese modelo... Magoa ler tanto desprezo a cidade que dis que e a tua. Unha cidade chamads a ser o motor de Galicia situada nun dos mais fermosos lugares da nosa terra. Sabias que Verne gustaba moito dela?

6 Abrairas

O que funciona ben son as touradas en Pontevedra e o impulso dos artistas galegos como Bisbal en Carballo e a dedicación exlusiva, por no facer nada, da que indo de recheo xa leva un segundo mandato Na Coruña

7 Amigos para siempre

Na Coruña e Compostela participou o BNG do goberno municipal en etapas anteriores, dime resabida Kollontai tres medidas da túa protexida coalición PSOE-BNG en Compostela ou Coruña que evidencien mudanzas claras do modelo de cidade? E cando gobernou Castrillo en Vigo? E Bello no Ferrol? O desprezo que sinalas no é á cidade e menos aos veciños (que son os que de verdade importan), é a un modelo sistémico (que ti defendes), aínda que a cidade, ningunha, é "miña" (estou de paso, non me sinto propietario ou posesor), e non son fan das Mareas (sempre que votei fíxeno polo BNG, a decepción levoume a absterme, e nunca voltarei a caer nas redes da sucursal do PSOE). Se cadra a señora tampouco presta a atención debida ao ler e padece algúns trastornos persecutorios...

2 Fada-lobo

A verdade é que teñen difícil ata remodelar os gobernos municipais porque estes pensaban que era chegar e encher, coma se di na miña terra e que a ciencia infusa lles permitiría gobernar a persoas na súa maioría cun escaso coñecemento da xestión municipal. Os resultados son nefastos, coma se pode ver nas tres cidades galegas. Os medios trouxeron os votos, pero a ser concelleiro non se aprende por ciencia infusa, iluminación ou charlas en cafetería. Require traballo, esforzo, dedicación e a poder ser experiencia. Estou ben segura que de gobernar Compostela unha alianza nacionalista (aínda sendo Martiño alcalde) sería moi distinta a situación e avanzariase algo cara a ter unha cidade orgullosa da súa historia e non un parque temático.

1 comunista independentista

Antes todo era mellor, Kollona.

1 Rebeca

En Ferrol non houbo remodelación de Goberno. Simplemente Jorge Suárez e Alvaro Montes, contáronlle o pescozo a Esther Leira