Traducen por primeira vez ao galego a Teoría da Relatividade no centenario da súa publicación

O Consello da Cultura Galega impulsa esta obra, que inclúe unha edición facsimilar do orixinal e estudos de Jorge Mira e Díaz-Fierros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2017 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A Teoría da Relatividade de Albert Einstein, un documento científico clave que cambiou a historia do século XX, foi editada en lingua galega cando se cumpren cen anos desde a publicación do texto orixinal na primavera de 1917, en concreto co número 38 da colección Sammlung Vieweg. Trátase dunha iniciativa do Consello da Cultura Galega como parte do seu traballo para incrementar a presenza da lingua propia como idioma de divulgación científica, na liña do papel desenvolvido por outras institucións e colectivos como a Xeración Nós ou As Irmandades da Fala.

Imaxe de Einstein pouco antes da súa morte
Imaxe de Einstein pouco antes da súa morte | Fonte: Europa Press

Jorge Mira e Francisco Díaz-Fierros foron as persoas a cargo desta publicación, na que se inclúen dous estudos nos que sitúan a figura do científico no seu contexto vital e histórico e sobre a influencia e recepción da citada teoría no territorio galego.

O propio Mira destacou o coidadoso e intenso traballo levado a cabo para adaptar fielmente o texto orixinal en alemán, traducido por Patricia Buján Otero, e que á súa vez se inclúe en edición facsimilar coa presente publicación.

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, destacou a importancia desta iniciativa para o idioma que, a pesar de que para algúns "parece que é só lingua poética", trátase dunha lingua "completa" e "sostén tamén ao propio Einstein dentro de si mesma".

Á súa vez, a inclusión do orixinal xunto coa tradución en galego permitirá que moitos estudosos, universidades e colectivos científicos coñezan e entren en contacto con este idioma no ámbito internacional a través do traballo de Einstein.

Para Villares, o científico representa unha "icona formidable e extraordinaria" que elevou á "figura máis popular da ciencia do século XX en todo o mundo", cuxa influencia transcende á súa disciplia e foi "fundamental" noutros campos, como a arte e a literatura, mediante a introdución do observador "dentro da realidade observada", en lugar de como un axente externo a ela.

Einstein formaba parte dunha xeración que deu "pasos fundamentais" na ciencia e a cultura do século pasado como "expresión da modernidade" e con traballos importantes previos á Segunda Guerra Mundial, como a 'Psicoanálise' de Freud. Así mesmo, Villares destacou que esta obra representa un exemplo de divulgación científica apta para "profanos", é dicir, cidadáns e persoas non especialistas na materia.

INFLUENCIA EN GALICIA

Francisco Díaz-Fierros, un dos encargados desta publicación, analizou á súa vez a repercusión que tivo esta publicación en Galicia e, en concreto, na colectividade de autores, científicos e intelectuais.

Neste sentido, destacou que esta influencia foi "máis importante do que ao principio se pensaba", dado que o grupo de vangardas estaba "totalmente en conexión" coa cultura e ciencia europeas a través das que Galicia puido coller "o tren da modernidade" nestes campos.

O diario 'El Norte de Galicia', de Lugo, publicaba en 1920 en primeira páxina unha tradución do francés Camille Flammarion sobre 'A doutrina de Newton e as teorías de Einstein', sendo en 1922 cando a súa presenza cobrou unha importancia decisiva tras a confirmación das teorías do científico tras as observacións da eclipse de sol de 1922.

A visita de Einstein a España o ano seguinte, convidado pola Junta para Ampliación de Estudios e o Institut d'Estudis Catalans, tivo un impacto en todos os xornais do Estado, recibido polo Rei de España ou polo entón reitor da Universidade de Madrid, o compostelán Rodríguez Carracido.

Como mostra desa influencia en Galicia, Manuel Antonio, un dos máximos expoñentes das vangardas, deixou un poema autografado que constitúe unha das referencias máis singulares da recepción poética e literaria á Teoría da Relatividade.

"O PERSONAXE DO SÉCULO"

Pola súa banda, Jorge Mira trasladou a súa "emoción" como físico por contar cunha obra deste calibre "en lingua galega", sobre todo ao tratarse do que considera "o personaxe do século" e autor dun dos 'items' fundamentais do século XX.

A partir do traballo 'Sobre a electrodinámica dos corpos en movemento', Einstein desenvolveu a chamada 'teoría da relatividade restrinxida', descubrindo que espazo e tempo non son magnitudes absolutas, senón que o seu valor depende do estado de movemento de quen os mide.

Como detalla Mira, o autor fíxoo reflexionando sobre as diferenzas entre as descricións do mundo feitas por dous observadores que se moven con velocidade rectilínea uniforme un con respecto ao outro.

A finais de 1915, terminou a xeneralización desta descrición "restrinxida" (de aí o nome da teoría) para calquera tipo de situación, no que se coñece como a 'Teoría da Relatividade Xeral', que representa a superación da lei de gravitación universal de Newton.

Todo iso levou a descubrir, segundo detallou Mira, que as partículas subatómicas duran máis a velocidades altas que cando están paradas.

O esforzo didáctico e o feito de que a divulgación científica era 'rara avis' na época, situaron a Einstein como o autor científico "máis importante" da época moderna, aínda que os seus traballos foron "tan revolucionarios" que non alcanzaron a súa "idade de ouro" entre a comunidade ata a morte do propio autor, nos anos 60, cando "todo o corpus de físicos do mundo empeza a traballar en serio" na materia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Dr. Doom

"Empeza a traballar". Se quero ler a obra de Einstein em galego tenho melhores opções que o castrapo de Jorge Mira.

1 Astrofisico

A teoría da relatividade non funciona cos lusistas, son parvos absolutos, eiquí e nunha nave espacial próxima a velocidade da Luz.

2 Dr. Doom

Olha que engraçadinho ... Tem onze anos de idade ou é assim retardado mental mesmo ?

3 Tamagani

Alguns venhem de descobrir a pólvora. Eu já a lera em galego-português hai 15 ou 20 anos. Mui interessante ... https://docs.google.com/viewer?a=v&...

1 un de paso

Pois acabo de mirar o seu enlace e vin que o texto non está traducido ao galego-portugués, senón ao portugués moderno. Xa me estrañaba que traducisen esta obra a unha variedade medieval da lingua. ;)

2 Tamagani

Está em português, que é mais umha variedade moderna de galego. http://www.adigal.org.ar/brasilfala... ;)

3 ExTV

Pois Camoens xa escribía eses portugués no século XVI, non sei como vai ser unha "variedade moderna" do galego.

4 Tamagani

O português de Camões nom é o de hoje, mas o português clássico, que era mais próximo do galego ...

5 Nos fuciños.

"Grande trabalho é querer fazer alegre rosto quando o coração está triste: pano é que não toma nunca bem esta tinta; que a Lua recebe a claridade do Sol, e o rosto, do coração. Nada dá quem não dádá honra no que dá". Onde Há Inveja, não Há Amizade. Luís Vaz de Camões. Atopo que é igual que o portugués "moderno".

6 No cu

Se calhar pra um português o espanhol de Cervantes é igual ca o de hoje ... Pero já sabemos que alergia a ler Einstein em espanhol nom tens ...

7 Outra nos fuciños

Todalas linguas cambian, o galego tamén, e non ten porque ser coma na idade media, ainda que daquela xa era máis diferente do portugués do que nos fan crer as maras lusistas.

8 Outra no cu

Dificilmente podia ser “mais diferente” do português, quando o português nem existia. Pero o galego tamém é mais diferente do espanhol do que os neofalantes urbanitas nos querem faguer crer ... http://leiturasgalegas.blogspot.co....

9 Game over lusistas.

Pois claro que existía, porque son idiomas diferentes dende a idade media, e haberá traballos que o expliquen no futuro.

2 Veñan máis!

Moi boa nova, e máis iniciativas coma esta fan falla, que a tradución ao galego está moi descoidada... É fundamental contar con obras importantes a nivel internacional traducidas á nosa lingua, senón seguirá habendo fachas que seguirán desprezándo ao non ser unha lingua útil para calquera que queira ler un texto non galego, que terá que botar man de traducións españolas.

1 Nexus 6

que falta nos hace que la teoria de la relatividad esté en gallego? no tiene mayor extensión si se publica en español? tonterías de los nacionalistos

1 Alberto dos Peares

Pero se xa está en alemán e en inglés, para que a queres en español, home? E non será que o nacionalisto es ti, meu pobre

2 Braisiño

Agora mesmo estaba pensando eu: "A ver canto tarda algún fachorro analfabeto en protestar porque se traduciu ao galego". E..... bingo !!!! Nin en inglés, francés, español, alemán..... MELLOR SÓ en CHINÉS, que é a lingua máis falada. Pero ....que país de miserab..s antigalegos!

3 nostrus

Pois eu estou dacordo con Nexus 6 e penso que se debe traducir o que non se entende, inda que non me opoño a que se traduza para que os naciosos disfruten, pero si o pagan eles. Tanta lerea co galego e elevalo a categoria de relixion. O galego é unha lingua oficial en Galicia para que o use todo aquel que lle pete e na dose que lle pete, pero nada mais, e para eso non é preciso buscar artimañas para poder dicir que é unha lingua útil, porque todos saben da sua escasa utilidade.

4 un de paso

Que persoas tan estrañas son aquelas que se dedican a tratar de molestar ou ofender a outras persoas. O galego é tan digno e merecente de traducións coma calquera outra lingua. E non fai falta insistir en que serve para o que serve o resto de linguas do mundo: pensar e comunicarse, que non é pouco.

5 outro de pasada

Para : un de paso. Si é xente moi estraña. Con isas parvadas se entreteñen os españolistas; non tes mais que velos pola rede adiante. O problema que teñen é que logo eles mesmos se toman á serio e fan as parvadas que fixeron na guerra civil. Os españolistas son un caso dino de analise: nunca fixeron nada bó nin de proveito, só serven para provocar e caer nas suas propias provocacións; e logo se queixan polo mundo adiante da súa "lenda negra" e do mal que os consideran.