A delirante reportaxe do programa de Ana Rosa sobre os okupas de Santiago

Até o desaloxo do Escarno e Maldizer, a actividade do movemento okupa pasaba inadvertida para a gran maioría dos santiagueses. Sen embargo, o programa de Ana Rosa pintou en Telecinco un panorama moi distinto, en termos sensacionalistas, cunha capital de Galicia ateigada de okupas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Así, nun mapa equiparan os Centros Sociais Okupados, dos que xa non queda ningún na capital, con casas tapiadas no seu día e mesmo con bares disque ideoloxía anarquista.

Santiago ateigado de centros okupas segundo un vídeo do programa de Ana Rosa en Telecinco
Santiago ateigado de centros okupas segundo un vídeo do programa de Ana Rosa en Telecinco

Aos activistas deste movemento, descríbeos, sen citar fontes, como fillos da clase alta, sen necesidades económicas. De paso, vincúlaos co grupo terrorista Exertico Gerrilheiro do Povo Galego Ceive, banda armada independentista -non anarquista como moitos okupas- extinto hai décadas. 

Os comentaristas recoñecen que os veciños apoian e tiñan polo xeral boas relacións co CSO Escarnio e Maldizer, malia diciren tamén que o usaban para “fumar droga”. A nivel político, destácase o suposto apoio das “mareas galegas” ao movemento okupa, a mesma tese que ven enarborando o PPdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Eu xa veño de lonxe

Que outra cousa pretenden ler dende Galicia neses programas e nes xornais que os sosteñen? O que non sexa obediencia centralista é ou pode ser droga, delincuencia, terrorismo, etc. Calquera cousa que non se teña que demostrar xa lles vale. O peor é que aqui temos moita xente que ve eses programas e cre todo o que ali se gumita.

1 Luisfoz

Já o bloquearam e não se pode ver