Un dron capta a magnitude da traxedia do lume en Portugal
A poucos metros do chan, pero a vista de páxaro, a cámara recorre as fileiras de coches na estrada, totalmente calcinados entre as árbores queimadas ao pé da estrada en Pedregao Grande. Polo de agora van 62 falecidos, pero poden ser máis dado que hai 62 feridos tamén, varios en estado crítico. Portugal, conmocionado, érguese esta mañá preguntándose como foi posíbel tal traxedia.