Temas: MúSICA

O Festival Revenidas engorda o seu cartel

O Festival das Linguas -que xa anunciara a La Pegatina, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa- suma dúas bandas internacionais a un ao seu cartel: Skindred e Bohemian Betyars.

Por GC Tendencias | Vilagarcía | 16/06/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

SKINRED

Bohemian Betyars
Bohemian Betyars

Segundo a propia banda, os grupos que máis influíron neles son Specials, The Police e Clash, e por iso se autodenominan como "os netos desas grandes bandas británicas", coa diferencia de que, que en lugar de mesturar o ska e o rock, utilizan ritmos do Raggamuffin xamaicano xunto a metal punk da escena heavy. 

BOHEMIAN BETYARS

Os húngaros Bohemian Betyars son unha das bandas máis tolas do seu país. Para obter os seus extraordinarios sons mesturan o violín e o pasado folclórico do baixista co estilo do resto da banda, á que agregaron o dinamismo do punk e o ska condimentados coas melodías da conca dos Cárpatos.

Dende a organización destacan, un ano máis, a "ambiciosa programación musical e de actividades paralelas desta edición, que dotan ao Festival dun carácter familiar na súa programacióin de día e apta para todos os públicos". 

Público nunha pasada edición do Festival Revenidas
Público nunha pasada edición do Festival Revenidas

As entradas xa están á venda a través da web a un prezo de 36€ o abono de tres días.

 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta