Por CMEstila | GC ABERTO | 26/06/2017
No Salón de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago tivo lugar a entrega dos IV Premios Vitrales de Literatura Nova coa presenza de diversas Autoridades como Juan Viaño, Reitor da USC e Dores Álvarez, Vicerreitora de Estudantes e Cultura, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, Fernando Barros, Secretario da Cámara de Comercio, así como dos membros do xurado e dos participantes neste Certame Literario.
O Premio Vitrales, é un galardón de relato curto e poesía ao que concorreron traballos de mozos con idades comprendidas entre 18 e 25 anos, cunha repartición case igual entre homes e mulleres.
O Premio Vitrales contempla as modalidades de Poesía e Relato Curto e tres premios para cada unha das modalidades.
O Xurado do Premio está formado profesionais do mundo das letras como: Alfredo Conde (Escritor, Premio Nadal e Nacional de Literatura), Bendict Buono (Profesor Titular de Filoloxía da USC e Poeta), Luís Alonso Girgado (Editor, Escritor, Investigador e Tradutor), Rosa Marta Gómez Pato (Profesora Titular de Filoloxía da USC e Tradutora), Mª Mercè López Casas (Profesora Titular de Filoloxía Catalá da USC) e Daniel Núñez Hernández (Director do Colexio Maior La Estila), actuando de secrtario do Premio José Antonio Constenla.
Neste premio colaboran diversas entidades privadas e administracións públicas como a Secretaría Xeral de política Lingüística, a Universidade de Santiago, Galicia Calidade ou a Editorial e librería follas Novas.
Os Premiados foron:
Categoría de Poesía:
Primeiro premio: Samuel Parada Juncal
Segundo premio: Abel Lorenzo Rodríguez
Terceiro Premio: Mateo Buján Varela
Finalistas: Fabián Freijerdo Fariñas e Enrique Pena Vites
Categoría de Relato Curto:
Primeiro Premio: Adrián Feijoo Sánchez
Segundo Premio: Betsabé Mª Domínguez Osorio
Terceiro Premio: Gabriel Fontes Míguez
Finalistas: Tamara Agra Barreiro e Laura López Rey
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.