É seguro o formigón do AVE galego?

ADIF abre unha investigación interna tras un informe da Guardia Civil que detalla presuntos subornos nun tramo galego pagados por Isolux-Corsan.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/06/2017 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A deputada Alexandra Fernández valorou este martes a resposta que lle deu o Ministerio de Fomento sobre o “caso ADIF”. A Guardia Civil investiga unha rede de subornos materiais de calidade inadecuada en tramos do AVE por todo o Estado.

Alexandra Fernández de En Marea no Congreso
Alexandra Fernández de En Marea no Congreso

MATERIAIS DE MENOR CALIDADE DOS PREVISTOS

Un dos presuntamente afectados é o de Amoeiro - Ourense. Na súa resposta á parlamentaria de En MArea, ADIF di que comprobará as calidades dos materiais nese tramo e, posteriormente, no seu caso, levará o descuberto aos tribunais. “Non pretendemos alarmar pero queremos que se investigue”, pediu hoxe Fernández. 

Os detalles do expediente aberto en ADIF saíron onte á luz grazas a unha resposta a unha interpelación no Congreso de En Marea e En Comú Podem.

PRESUNTO SUBORNO MEDIANTE UNHA VIAXE PARA VER O FÚTBOL

ADIF admite que está investigando os detalles informe da Guardia Civil. En Galicia, o instituto armado sospeita que a construtora Isolux Corsan subornou presuntamente ao xefe de obra nese tramo para que certificase que se usou o formigón previsto, cando en realidade empregouse un de calidade inferior. Tamén trátase de comprobar se a empresa logrou sacarlle á administración subrecustes. 

Neste caso, o presunto suborno tería sido unha viaxe para asistir a unha edición da Supercopa de Europa de fútbol en Niza. A empresa tería pagado o desprazamento do citado alto cargo e da súa parella, algo máis 1.500 euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xavi

Ridículo! Com 1500 € nom se paga nem meia zapata de betom, pouco puderom estafar! xDDDD