Nace unha nova entidade para protexer o patrimonio galego

A Rede polo Patrimonio Cultural galego pretende impulsar un “instrumento sinxelo e flexible” para defender os bens do país.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2017 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Este sábado, día 3, é o gran día do patrimonio galego. É a xornada marcada para dar vida á Rede polo Patrimonio Cultural galego, unha entidade que ten coma fin defender o patrimonio cultural en cada recuncho do país.  

Agresión ós Petróglifos de Os Mouchos en Rianxo
Agresión ós Petróglifos de Os Mouchos en Rianxo | Fonte: Foto de Juan Carlos Collazo Alejandre

O evento terá lugar no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego e está convocada por un grupo de entidades: Mariña Patrimonio, Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), AC Cultura do País, A Gentalha do Pichel, a Asociación Petón do Lobo, A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), a Asociación Ecoloxista Adega, PatrimononioGalego.net, o Colectivo a Rula e o portal www.historiadegalicia.gal.  Máis no portal HdG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta