Acto de fe

Cantaba David Bowie nos anos 70´ “mira ao avogado pegándolle ao rapaz equivocado”. Agora no remate da primeira década do século XXI, ese letrado chámase goberno, e o prexudicado non é nin máis nin menos que a sufridora cidadanía.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 02/05/2010

Comparte esta noticia

É relativamente doado facer leña da árbore caída, nun momento no que a economía do Estado reflexa a incompetencia deste executivo para tomar medidas antipopulares necesarias, para que a moi deteriorada imaxe de España nos mercados financieiros retome un voo camiño de accidentarse, provocando danos colaterais que tardaremos anos en reparar.

Non creo demasiado nas axencias de cualificación como Standard&Poor´s, que se permiten análises sobre mercados e a súa solvencia, provocando “terremotos” nas economías nas que os seus propios gobernantes activaron as placas tectónicas, mentres ao mesmo tempo cualifican co máximo nivel de solvencia, aos estafadores de Lehman Brothers. O que si é certo, é que marcan unha preocupante tendencia, e unha proxección da imaxe de España negativa, fronte ao “acto de fe” que o goberno pretende que asumamos, cun inconsciente optimismo, que di que a crise xa rematou, tocamos fondo nos datos do paro, e estamos no comezo da ansiada recuperación.

Mentres a alternativa ao desastroso goberno do Estado dende un punto de vista de política económica, non toma a serio a súa responsabilidade, e pretende agardar que caia a “froita” por madura, antes que presentar alternativas solventes que consigan que a árbore non se podreza. O Partido Popular escolleu chegar ao cumio seguindo estradas sinuosas que poden facer que en troques de chegar ao teu destino, o que aconteza é a probabilidade de caer por barrancos non sinalizados. Chegou o momento de que os populares, por responsabilidade, presenten unha moción de censura, independentemente da súas posibilidades de éxito, na que no seu debate o candidato alternativo ao do goberno actual presente o seu programa de goberno, para que as verbas baleiras convértanse en medidas palpables para afrontar a dura realidade, e pasar da demagoxia ás propostas.

Claro que mentres esto acontece, seguiremos escoitando do inquilino da Moncloa, as marabillas da situación actual, que me fan lembrar aquelas verbas que sempre dicía meu avó, que era un modesto muiñeiro, de que “cando a esmola é moita, ata o santo desconfía...”

Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA