Frescos renacentistas corren o risco de desaparecer en Lugo

Os frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares (Guitiriz), do seculo XVI e da autoría do Mestre do Parga, corren o risco de desaparecer se non se acometen urxentemente a súa consolidación e posterior recuperación.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/05/2017 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A Igrexa dos Vilares conforma un conxunto único cos seus retablos dos séculos XVII e XVIII, o sartego e o calvario e unha romaría dos desamparados emblemática en todo a Terra Chá e alén de Montouto. Trátase dun conxunto de grande interese na iconografía relixiosa e o patrimonio histórico da comarca.

Frecos renacentistas de San Vicenzo dos Vilares, en Guitiriz
Frecos renacentistas de San Vicenzo dos Vilares, en Guitiriz | Fonte: www.historiadegalicia.gal

A Asociación Sociocultural Lareira de soños leva anos pedindo a intervención neste monumento. “As pinturas, son un valioso ben patrimonial de difícil recuperación cando acadan un alto grado de deterioro, un camiño que emprenderon xa as dos Vilares”, apunta. Máis na web Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta