Por GC Tendencias | Soutomaior | 22/05/2017 | Actualizada ás 12:47
Estas visitas teatralizadas duran uns 45 minutos. Disfrazados de época, figurantes mostran en clave humorística algúns momentos da historia do castelo e do país.
Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra, propietaria do inmóbel. As entradas xa se poden mercar en Ataquilla.com, dende só un euro, tarifa reducida. Os nenos poden participar gratis.
Hai visitas programadas para case todos os luns e os xoves de aquí a finais de setembro. As sesións acostuman ser a media tarde, as 5 ou as 6. Os grupos son de como máximo unhas 30 persoas.
A fortaleza está situado nun lugar único, cunha enorme vista. Domina o val do río Verdugo e a enseada de San Simón, en Arcade.
O obxectivo poñen en valor o patrimonio material e inmaterial do castelo e os seus xardíns por medio do teatro, a danza, a música, a narración oral, a creación audiovisual e a gastronomía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.