Premios a obras de Irak, Galicia, Andalucía e Madri no peche da 22ª edición da Miteu

A 22º edición da MITEU de Ourense seguiu enchendo butacas cunhas cifras moi similares ás do ano pasado. Aínda sen un reconto definitivo de espectadores, a organización estima que unha media de 200 espectadores asistiron aos 30 espectáculos da mostra, en total unhas 6.000 entradas vendidas durante os 17 días nos que Ourense se convertiu en capital do teatro universitario.

Por Jorge M.de la Calle | Ourense | 17/05/2017

Os picos foron coma sempre nos espectáculos de teatro profesional, nos que puidemos ver espazos monumentais como os do Auditorio Municipal  prácticamente cheos,  e o cartel de “Entradas esgotadas” pendurado, nomeadamente nas funcións de Clownic, Albert Pla e Pablo Carbonell, aínda que tamén propostas de fóra menos coñecidas como as dos grupos de teatro  Al Salam de Irak ou Bin Kadi So de Costa de Marfil atraeron unha chea de xente.
 
A MITEU pechou coma sempre coa súa habitual entrega de premios
 
Roberto Salgueiro e a súa proposta coa Aula de Teatro Universitario de Santiago foron este ano de novo premiados, mais, ao contrario do que adoita ser habitual, non levou o premio do público, senón o do xurado, que destacou a orixinalidade do seu espectáculo “Cousas que trouxo a chuvia”. Tres mulleres contan historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo. A obra foi galardoada tamén co premio do xurado ao Mellor Espectáculo no Festival Internacional do Teatro Universitario da Beira Interior, o máis antigo de Portugal neste campo que se realiza de xeito ininterrompido.
 
A compañía Al Salam, de Irak, conquistou ao público e levou o premio que este entrega despois de analizar todas as súas calificacións. O seu espectáculo na lingua propia “Os nenos da guerra” non necesitou de entender as palabras para transmitir a mensaxe, e achegou o sentir dos cidadáns do seu país a través dos ollos dun neno e do home no que se convirte, en medio dun país en constante guerra. Un público completamente identificado quedou despois ao coloquio no que se amosou a realidade iraquí, a dun país con máis poetas que petróleo, mais do que só interesou o segundo ás grandes potencias.
 
Pola súa banda, o premio da organización foi para Vicente Pérez, en representación de todos os condutores que alguna vez levaron ás compañías da MITEU, e que fixeron que “chegar a sitios complicados fose doado”, lembra Dacosta; mentres que o recoñecemento á resolución técnica “Suso Díaz”, outorgado polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal, recaeu na compañía de teatro-circo andaluza “Vaivén Circo” e a súa obra “Deshábitat”, polo sorprendente  e espectacular da súa proposta, facendo “habitable o inhóspito”, atopando “harmonía no hostil”.
 
Ademais, o xurado da MITEU decidiu outorgar sendas mencións ás aulas de teatro universitario de Lugo e Carlos III de Madrid, polos seus espectáculos “Paz Perpetua” e “La Marquesa Rosalinda”, respectivamente. A primeira é un texto profundo de Juan Mayorga que trata os temas da violencia, o capitalismo, a loita contra o terrorismo e os límites que non debe traspasar.  O segundo é un texto de Valle Inclán do que a organización destaca a cualidade de que “con poucos elementos, son capaces de trasladarnos a moitos espazos”.  A organización destacou tamén a representación do grupo Bin Kadi Sol, de Costa de Marfil, coas súas “cancións e voces que deixaron impresionados aos espectadores”.
 
Xusto despois veu a montaxe da compañía universitaria Maricastaña de Ourense, dirixida polo propio Fernando Dacosta, que trouxo de novo ao escritor italiano Alessandro Baricco despois daquel “Leve: a Nada entre as mans” de hai seis anos,  adaptación libre do exitoso “Seda”. Desta vez foi o “Océano Mar” o que pasou polas mans de Dacosta, rebautizándoo como “A última cornixa do mundo” e conseguindo de novo unha historia plástica, visual, poética e trepidante. Así púxose o broche a dezasete días de teatro profesional e universitario, nos que puidemos desfrutar de propostas do máis diverso, e nos que, ademais dos espectáculos premiados, tiveron especial calidade e acollemento por parte do público os da RESAD de Madrid (“Fortaleza Europa”), Teatr’Ubi de Covilhã con “Different Pulses”, e Teatro da Didascalia (Portugal), con “One man alone”,  o guitarrista Samuel Diz e o seu recital sobre música lorquiana, e mais os bailaríns vascos de Kukai Dantza, que pecharon a mostra a última noite con “Oskara”, a vangardista mestura de danza tradicional e contemporánea favorita para os premios Max con sete candidaturas.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Público na 22ª edición da Miteu de Ourense / Jorge de la Calle

Participantes na 22ª edición da Miteu de Ourense / Jorge M. de la Calle