Gelria estrea novo ‘single’ a partir dun poema de Carlos Casares, "Amemos"

Gelria, o trío galego-catalán que leva o nome do navío holandés no que navegou Manuel Antonio, vén de estrear un novo ‘single’ no que musican o poema de Carlos Casares ‘Amemos’.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 17/05/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Xa o podemos escoitar nas principais plataformas dixitais, como Spotify ou Apple Music, ademais de mercalo fisicamente nos concertos que está a dar o grupo por Galicia: hoxe na Cidade da Cultura (13h sala Einsenman, de balde).

Gelria
Gelria

O grupo volve a Galicia cun agasallo para este Día das Letras en forma de canción: ‘Amemos’, a partir do tema homónimo de Carlos Casares. Aquí podedes ver o videoclip en Youtube e aquí descargar o mp3 (e fotos). A música é de Mario G. Cortizo, e alén dos compoñentes do grupo, tamén participou Pablo Pérez ao contrabaixo. 

Este tema engádese ao disco ‘Cantos de poeta’ que publicaron en abril de 2016, un delicadísimo traballo que musica catorce poemas galegos de todos os tempos. De Rosalía a Chus Pato pasando por Curros Enríquez, Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María. 

GELRIA

A banda –creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)– estreouse esta primavera no mercado discográfico cun proxecto que se presenta nun coidado formato de libro-disco acompañado de fotografías de Juan Luis Rúa e ilustracións de Sonia García Vidal, ademais do escritor Manuel Rivas que reinterpreta e reescribe os 14 poemas clásicos. Rivas únese de forma xenerosa á longa nómina de colaboradores que Gelria reuniu para este álbum que significa a súa estrea no mundo discográfico. Unha nómina que tamén inclúe ao investigador e músico Xosé Lois Romero que, ademais de participar na gravacións de algúns temas, tamén escribe unha introducción no libro-disco. 

O camiño proposto por Gelria principia na época do Rexurdimento (poñéndolle música a Rosalía de Castro – Castellanos de Castilla– e Curros Enríquez –A nena na fonte–), inclúe poetas como Álvaro Cunqueiro (Amenceu bico ou onda do mar), Manuel Antonio (Sós), Uxío Novoneyra (Cousos  de lobos) ou Manuel María (Zocas) e culmina cun poema de 2013 de Chus Pato (Unha luz que se afasta e se nos dirixe). 

Disco sen maquillaxe

Cantos de poeta preséntanos a visión musical de Gelria destes autores, achegándonos composicións propias inspiradas no espírito dos versos, dos autores e das épocas, respectando o máximo tanto o texto orixinal coma o seu ritmo e procurando sempre que a música sexa quen se adapte a natureza de cada un dos textos. 

A este coidado especial á hora de compoñer a música cómpre unirlle o proceso de elaboración, xa que estamos a falar dun disco de produción propia gravado integramente en directo, coa participación dunha longa nómina de colaboradores que participaron activamente no proxecto e sen modificacións nin alteracións na postprodución, o cal lle outorga o disco un son orgánico e natural, tal como foi concibido e interpretado. 

a

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Hernan

Excelente aplicacion asi como https://descargarsnaptube.com tambien es muy buena para Android, saludos.

1 Ramon

esas canciones me gustan mucho por eso un día buscando encontré esta pagina para poder descargar de youtube o de redes sociales http://descargarsnaptubee.com/video... te lo recomiendo!