Por GcToday | | 15/05/2017 | Actualizada ás 11:00
O goberno portugués coa axuda da Garda Nacional Republicana(GNR) pechará todos e cada un dos pasos. De feito, só dous puntos permitirán a entrada e saída de transeúntes, reservados ambolos dous a casos aillados. Este é o caso do paso fronteirizo na Ponte Internacional de Tui-Valença e na fronteira entre Verín e Chaves. Máis como informaron dende fontes oficiais estes dous puntos manteránse baixo control rigoroso, existindo un control absoluto dos movementos das persoas.
A pesares desta exclusión de paso, o goberno de Portugal establece varias directrices para os casos aillados nos que a GNR permitira o cruce:
Estar empadroado en Vigo. Será necesario xustificar o padrón municipal cun documento especial asinado polo emperador Abel Caballero, ou de non telo amosando o libro de familia que acredite a procedencia.
Paso por causa de forza maior. Se unha persoa acredita ter que mercar toallas de necesidade a GNR estará na obriga de permitir o paso.
Galegos e galegas que vivan na raia. Terán que convidar a GNR a un chupito de herbas feito na casa.
O resto de persoas que non cumpla. Os mencionados requerimentos non poderán acceder ao país luso.
A medida, que se encadra dentro da campaña por un Portugal con Dignidade, impulsada polo PCP e o Bloco de Esquerda, pretende poñer en alza a nación portuguesa fronte a aqueles que non fan máis que pretender desprestixiala e logo esquilmar as súas toallas e roupas de cama.
Polo de agora a medida, en fase piloto, so será levada á práctica durante esta semana, pero non se descarta que pasada esta se amplíe no tempo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.