A Xunta limitará as visitas ao mosteiro máis antigo de Galicia

A Consellería de Cultura estuda controlar as visitas a San Pedro de Rocas.

Por Galicia Confidencial | Esgos | 10/05/2017 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Xunta podería facer co mosteiro máis antigo de Galicia, o de San Pedro de Rocas, o mesmo que xa fixo na Praia das Catedrais; limitar o número de visitantes. 

Feijóo e Baltar visitan o Mosteiro de San Pedro de Rocas
Feijóo e Baltar visitan o Mosteiro de San Pedro de Rocas

Este mosteiro, do século VI e considerado como o máis antigo do país, recibe anualmente milleiros de visitas, aínda que as súas medidas de protección son mínimas. De feito, a Consellería de Cultura anunciou que iniciará os traballos para protexer a sala que alberga frescos do século XIII. Máis información en Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta