Temas: PERCEBEIROS

Nissan patenta o Percebeiro Shield, un novo traxe de protección para os percebeiros

Traslada a tecnoloxía automobilística para a prevención dos altos riscos laborais destes profesionais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/05/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Nissan está en pleno desenvolvemento dun sistema de protección para os percebeiros cun equipo denominado Percebeiro Shield cunha moderna tecnoloxía que se aplica ao automóbil.

Así, Nissan adaptou o seu sistema Safety Shield, usado nos coches, para que sirva tamén no desenvolvemento do traballo dos percebeiros. Por iso recibe o nome de Percebeiro Shield, un sistema que xa foi testeado pola Confraría de San Xosé, de Cangas do Morrazo en Galicia.

O novo sistema implementa un hardware e software que escanea o mar mediante un sistema LIDAR de infravermellos, estuda a espuma que xeran as ondas, e con eses datos calcula a chegada de ondas perigosas mediante un algoritmo. O sistema ten un módulo LED que indica o tipo de ondada, un módulo de audio que emite frecuencias de sons con diferentes alertas e un módulo de vibración na zona lumbar, todo iso para avisar aos profesionais con anticipación suficiente.

Mellora a reacción ante un accidente

Ademais, en caso da caída dun traballador á auga, o sistema está conectado a Salvamento Marítimo, polo que reciben a alerta de maneira inmediata e automática, o que mellora o tempo de reacción ante un accidente.

O novo sistema está desenvolvido por Nissan en colaboración con TBWA España, Glasswork e o Instituto de Ciencias do Mar do Centro Superior de Investigacións Científicas.

Traxe de percebeiro patentado por Nissan
Traxe de percebeiro patentado por Nissan

Temas: PERCEBEIROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A Conselleira do Mar terá algo que dicir sobre o tema?