Temas: MúSICA

Un dos referentes do metal en galego busca axuda para novo disco

RAIBA vén de gravar “Marxinación”, un álbum inspirado na clase traballadora galega. A banda procura mecenas a cambio de recompensas a través da plataforma Verkami.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/04/2017 | Actualizada ás 22:01

Comparte esta noticia

Quedan 13 días de campaña. As achegas do crowdfunding do Verkami  van desde 8 a 500 euros, e pódense obter lotes diversos con CD, adhesivos, camisolas, descarga dixital anticipada, entradas ao concertó de presentación e mesmo actuacións da banda. A recadación vai destinada a sufragar gastos da gravación, videoclip, deseño, fabricación e promoción entre outros.

Raiba
Raiba

A BANDA

Formados no 2009, RAIBA son músicos galegos de diversa procedencia: Xavi C (voz), F. Bernardini (batería), Fran J. Castro (guitarrista) e Borja (baixista). Na actualidade teñen un directo dos máis enérxicos do rock e metal galego.

Tras os álbumes "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) lanzarán agora “Marxinación”, un paso máis na consolidación da banda como referente do seu xénero, mostra disto é que veñen de ser  elixidos finalistas dos IV Premios Martín Códax da Música 2017.

O novo disco, gravado e producido en Pousada Sons Studios (Ames), será presentado o 19 de maio, cun concerto de RAIBA na sala Capitol (Compostela), xunto dúas bandas convidadas.

Pódense descargar gratis os temas do anterior álbum na súa web.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta