Arbo exalta a súa lamprea

A Roda e Eladio y Los Seres Queridos na LVII Festa da Lamprea, feira agroindustrial e artesanal da bisbarra do Condado e Paradanta e cita obrigada para mercar produtos alimentarios da zona e artesanía.

Por GC Tendencias | Arbo | 27/04/2017 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Dende este venres e ata o domingo 30 de abril Arbo festexa as excelencias deste vampiro mariño, o seu produto máis coñecido a nivel internacional.

Cartel desta edición
Cartel desta edición

Aproveitando o evento terá lugar tamén Arbo Mostra 2017, feira agroindustrial e artesanal da bisbarra do Condado e Paradanta que chega á súa décimo terceira edición. Cita obrigada para mercar produtos alimentarios da zona e  artesanía.

O xantar da Lamprea está programado para o sábado ás 15.00 h. Veciños e visitantes poderán gozar deste excelente manxar cociñado de diferentes maneiras e acompañada de viño da zona. En calquera caso, calquera dos establecementos hostaleiros da localidade ofrecen tamén a posibilidade de degustala.

E para amenizar os tres días de festa, destacar a Gala da Lamprea o venres 28 no Multiusos e xa pola noite o concerto do grupo A Roda na Praza do Mercado. Para sábado e domingo pasarúas de bandas de gaitas, bandas de música e charangas que actuarán polo recinto feiral. E como fin de festa, Eladio y Los Seres Queridos ofrecen un concerto o domingo pola noite tamén na Praza do Mercado.

No ano 2016 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Eladio
Eladio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta