Rosa Díez, patriota galega

Probablemente se dixera no que nestes momentos estame a pasar pola mente, podería chegar a ter un serio problema legal. Se a miña conciencia o permitise, calaría mirando cara outro lado en sinal de desprezo, mais esta non o fai. Se a condición de orgulloso galego, non fose máis que unha etiqueta sen visos de concreción vital, escaparía dese lume que agora mesmo ferve no meu interior. Debe ser que non remato de aturar as ofensas dos “imbéciles e escuros” á terra dos meus pais.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 24/02/2010

Comparte esta noticia

Rosa Díez, vergoña do pensamento socialdemócrata, musa de Galicia Bilingüe e evidente impositora do castelán de xeito recalcitrantemente antigalego, tenta desacreditar –cando non insultar- ao Presidente do goberno español José Luis Rodríguez Zapatero e a Mariano Rajoy, co termo “gallego”, sen ningún tipo de rubor, cando non da máis exquisita falla de educación. Non quero caer na demagoxia ao afirmar que de xeito probable, no subconsciente desta “elementa”, os galegos sexamos unha raza inferior que necesitemos dunhas directrices marcadas dende outras terras, polo gran risco de non podermos decidir por nós mesmos o noso futuro como pobo, nin por suposto sobre a nosa cultura “ameazada” por hordas de intolerantes galeguistas que só buscan “impoñer” un idioma diferente ao da gran nación española.

Deben os políticos desta terra rexeitar duramente estas afirmacións gratuítas da líder dun partido que en Galicia non representa a ninguén, aínda que a algúns gustaríalle que rematase sendo a bandeira da  apoloxía de liberdades lingüísticas pouco cribles, representativas de colectivos marxinais de fondo pensamento antigalego, que pululan polas cidades da nosa terra chorando pola imposibilidade de que os seus fillos descoñezan o idioma nai desta terra. Non quero dar a sensación de pouco demócrata ao afirmar que esta señora e a súa forza se non se retractan, -aínda que xa sabemos o que en realidade pensa-, non está eticamente lexitimados para intentar representar a ningún galego dos que só entenden que as palabras que nos identifican como pobo, son motivo de orgullo de sentirmos diferentes a entes represores da nosa cultura.

Señora Díez : eu en ningún caso utilizarei ningún termo “pexorativo” para describila a vostede, o meu será meramente descritivo para chamala indecente.

Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rafael Cuiña Aparicio Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.